15 diciembre 2007

Se va el caimán, se va el caimán.

Según La Voz de Galicia:
Dous sucesores para Cores Tourís
A proximidade dos comicios xerais anima as cábalas políticas. En Cambados fálase da posibilidade de que o alcalde deixe o cargo en marzo. Só se Rajoy gaña(esperemos que non).

José Manuel Cores Tourís, alcalde de Cambados desde fai dez anos, presidente da mancomunidade ata o 2003, senador desde o 2000. Si o PP gaña nas urnas e sexa capaz de formar goberno en Madrid e posible que marche en marzo. Vaiamos por partes. De todos é sabido que os conservadores cambadeses gustan de executar as transicións a metade de mandato. Santiago Tirado, deu a substitución a Cores Tourís antes de que rematase o período 1995-1999. O invento funcionou ata o punto de que o PP logrou, en Cambados, unha perpetuación no poder(mandato Nacho Vidal, largo e duro) da que moitos dubidaban logo dun prolongadísimo período de goberno municipal. É certo que a gaivota estivo a piques de perder a súa maioría absoluta fai catro anos. Aquela traumática experiencia fixo pensar na posibilidade de volver aplicar a fórmula da transición a medio mandato. E había, no equipo popular, un nome que reunía todos os boletos para protagonizar o novo salto: Luís Aragunde. As cousas non funcionaron como o PP previra no 2004, pero Cores Tourís renovou a súa acta de senador sen problemas.


Novamente xurdiron rumores acerca dunha virtual substitución. Tampouco nesta ocasión cumpríronse os vaticinios. Así, e coa perspectiva dunha derrota nas urnas, o alcalde repetiu como cabeza de cartel. No entanto, os populares aprenderon a lección do 2003, traballáronse o electorado casa por casa. Agora que os ventos electorais volven soprar desde Madrid, as apostas volven estar sobre a mesa. Afiliados e simpatizantes do PP de Cambados aseguran que se fala xa dunha segura substitución de Cores Tourís, independentemente de se repite ou non presencia na candidatura ao Senado. O rexedor advirte de que por agora non hai nada confirmado e que haberá que esperar ata o albor do 2008 para falar de listas. Pero na comarca coméntase que, de gañar a gaivota os cruciais comicios, o rexedor tería un posto que desempeñar na Administración estatal. Sendo isto así, o lóxico en Cambados é ir pensando na persoa chamada a substituír a Tourís e encabezar un novo proxecto que manteña aos conservadores á fronte do aparello municipal. A opción de Aragunde volve estar sobre a mesa. Agora ben, a baralla conservadora non se esgota con el. «Luís non nos acaba de convencer(¡Uhuhuhuhu!), pero a Ana quérea todo o mundo», afirma un mozo integrante do PP comarcal. Refírese a Anabel Carro , responsable municipal de Cultura, Xuventude e Deporte, antiga presidenta de Novas Xeracións, que por primeira vez accede a un cargo de responsabilidade directa na xestión municipal(A miña quiniela é Aragunde digan o que digan). Din, no berce do albariño, que o home forte é, sen dúbida, Aragunde. El é a referencia política en ausencia dun Tourís cuxo futuro parece xogarse máis na capital que entre as parroquias de Cambados. Algo que tamén parece sucederlle ao agora xefe da oposición, o socialista Domingo Tabuyo, que se move no Congreso como peixe na auga e rendibilizou enormemente a súa condición de deputado. Pero, ao parecer, a súa xestión xerou tamén desgustos e oposicións que poderían xogar un papel importante á hora de tomar a decisión final. Non convén, en calquera caso, precipitarse como a leiteira coas súas contas. A premisa inescusable é, unha vez máis, que o PP venza nos comicios de marzo(Xixixixixixi, mellor que non pase).

1 comentario:

Anónimo dijo...

Estimado blogger, dado que vostede adicou un importante espacio a criticar/analizar os medios de comunicación da comarca do Salnés, gustaríame saber que opina dun que temos moi preto de nós: Radio Salnés, agora Radio Líder Salnés. ¿emisora pública, privada, privatizada?, Eu non me acabo de enterar moi ben de que vai a cousa...