26 febrero 2008

Comida de San Valentín

La Voz de Galicia:
O PSOE pregunta por que non foi invitado á comida en honra aos maiores.

O portavoz do PSOE de Cambados, Domingo Tabuyo, pediu onte explicacións ao alcalde, José Manuel Cores Tourís, sobre por que os grupos da oposición non foron invitados á comida en honra aos maiores que se celebrou o pasado sábado. Recorda que, sendo un acto do Concello, hai que ser coidadoso cos recursos públicos «xa que senon convírtese nun acto de partido por non cumprir coa obriga de contar esta celebración a todos vos grupos políticos do Concello». O PSOE quéixase de que, aínda que eles non foron invitados, si estaba altos cargos do PP. «Xa coñecemos a maneira de actuar dous dirixentes locais, pero agardábamos de Anabel Carro, a concelleira de Cultura, que coordina acto, unha actuación diferente», explica Tabuyo. Por iso os socialistas queren saber por que non foron invitados á comida e que custo tivo esta. Tamén, con cargo a que partida económica vaise a pagar esta comida. Doutra banda, Tabuyo preguntará en que colaborou a Deputación e que facían neste acto a deputada Rosa Oubiña, o vicepresidente da Deputación, José Juan Durán, e o concelleiro cambadés Luís Aragunde.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Os partidos da oposición están para fiscalizar o labor do goberno, tal e como así o recoñece non só a Lei da Admón. Local de Galicia, senón tamén a Lei de Bases de Rexime Local e o seu Regulamento, polo tanto é normal este tipo de actuacións, ou a do BNG de preguntar se a viaxe de Cores Tourís foi particular pagada do seu peto ou por todos. Sei por experiencia que iso molesta, pero cada grupo municipal está lexitimado para elo. Cuestión distinta é que non entendo como o PSOE ou o BNG, non formularon sendas queixas perante a Xunta Electoral de Zona, para impidilo, se xa sabían extraoficialmente, cuestión ista que non a sei, por ser claramente un acto de tinte electoralista ou xa feito, tamén formular queixa ao respecto aos efectos de violación da Lei Electoral.

Anónimo dijo...

supoñome que a Tabuyo non o invitaron á comida da terceira idade porque ainda esta moi noviño para iso.- Non crees?

Anónimo dijo...

Encantame iso de "SE ha guardado su comentario y podrá visualizarse una vez que el PROPIETARIO del blog lo haya APROBADO" ........ poderíamo poñer vostede en galego, por favor? ......¡moitas grazas¡

Anónimo dijo...

por certo que tal vez se lles debería preguntar aos galegos en arxentina se os queren recibir, o digo por aquilo de que son tantos e tan variados os que os visitan nestas datas que o mellor os nosos conveciños teñen problemas de axenda, non creedes?

Deberian facer como a conselleira de cultura e ampliar horizontes, ..... por certo, onde se pode apuntar un para a viaxe a cuba en clase vip e polo morro ....... eu tamén escribo de cando en vez e gustaríame promocionar os meus traballos do mesmo xeito que se fixo cos de ????? (alguén sabe de quen son os libros que se enviaron en tres contenedores pagados, como non podía ser doutro xeito, según parece, con fondos dos parviños que estamos a pringar co do IRP) ¿vouche dando o meu nome e llo pasas?

Anónimo dijo...

É demasiado de auténtico xenio peludo o dito por Corres Tourís, e ademais non tén recato de facer o ridículo ningún: "No los invité porque nunca venían", éche para entrar no Record Guinness da tontería ou do absurdo.
Claro que si que é criticable o da Historia de Cuba, poderiamos entender que hai outras prioridades máis importantes, pero tamén temos que ser conscientes de que facéndonos ver, de afirmar a identidade como pobo, de promocionarnos no exterior, a cuestión nacional cada vez será máis doada de introducir e moitos coñecerán que existe, aínda que algúns non o queiran, un Pais chamado Galcia, pero é máis en La Habana naceu o himno galego, que a promoción desde o plano cultural foi moi importante e que ata Méndez Ferrín falou ben.

Anónimo dijo...

É demasiado de auténtico xenio peludo o dito por Corres Tourís, e ademais non tén recato de facer o ridículo ningún: "No los invité porque nunca venían", éche para entrar no Record Guinness da tontería ou do absurdo.
Claro que si que é criticable o da Historia de Cuba, poderiamos entender que hai outras prioridades máis importantes, pero tamén temos que ser conscientes de que facéndonos ver, de afirmar a identidade como pobo, de promocionarnos no exterior, a cuestión nacional cada vez será máis doada de introducir e moitos coñecerán que existe, aínda que algúns non o queiran, un Pais chamado Galcia, pero é máis en La Habana naceu o himno galego, que a promoción desde o plano cultural foi moi importante e que ata Méndez Ferrín falou ben.

Anónimo dijo...

ADUANAS AIAIAI... ADUANAS JAJAJA

Anónimo dijo...

faime gracia o de promocionarnos no exterior, precisamente con clara referencia a un país que de democracia vive pouco e de liberdade moito menos.
Un pais que ata fai uns días era gobernado por un home que chegou a el gracias ás armas, que se mantivo no poder gracias ó medo e que agora llo traspasa tan ricamente ó seu irman porque o tio vale moito.-
E nos ala a tragar e a facernos os parvos criticando a outros que polo menos pasan o exame das urnas cada catro anos.-

En fin ........ asi se escribe la historia.-

Anónimo dijo...

este viernes festa polo numero 3, o shi lala, aduanaas AIAIAIAAI aduanas