25 febrero 2008

ELECCIÓNS

O Sorro: ELECCIÓNS

Sempre que hai uns comicios electorais dise que son os máis importantes, e como aquel actor de cine que se lle pregunta cal é a súa mellor película e sempre di a última que fixo aínda que sexa un mal filme. Ben nestas eleccións quen realmente se xoga a súa credibilidade política se aínda lle queda algunha é o partido da dereita. E máis que seguro un empate técnico segundo todas as enquisas e o final quen vai decidir son os nacionalismos. Se queremos que o noso pais saia adiante e non volver a quedar atrasados respecto dos cataláns e dos vascos, todo galego que se prece debería de apostar polo BNG, é a única opción política válida nestes comicios.


Xa vimos o importante que foron con dous deputados, canto máis serian con grupo parlamentario propio estariamos en disposición de exixir, negociar e mellorar Galicia. Inclinarse polo partido da dereita é un voto para seguir crispando, e un voto cínico, e un voto especulativo, é un voto en contra do uso de galego (hai temos o exemplo do seu presunto mandatario e da asociación auspiciada por eles Galicia Bilingüe que odian o noso idioma), e un voto en contra da democracia, é claramente un voto en contra do traballador e en beneficio das grandes superficies e empresas que de seguro van beneficiar se chegan o poder ou para que contrataron o que ten nome de “conquistador”, e un voto que mercan no estranxeiro mediante cartos nosos hai temos o caso do líder popular galego mercando o voto con cartos do de Ribadumia dono da súa “finca particular de Pontevedra”, en México. En definitiva é un voto completamente inútil para Galicia.

Votar PSOE podémolo valorar como unha segunda opción para esa xente de esquerdas que desgraciadamente aínda non abrazou o nacionalismo, pero dende logo a mais válida e apostar polo BNG. Non podemos perder a oportunidade de poñernos a altura de cataláns e vascos que son dous dos pobos máis avanzados de Europa, porque cando non hai maiorías absolutas son os grandes precursores e deciden dun xeito espectacular avanzar co nacionalismo cara un futuro mellor. Nos sempre fomos un pobo emigrante pero sempre fomos un pobo masacrado e denigrado polos caciques que agora presumen de demócratas e están no partido da dereita. ¿Cantos vascos e cataláns coñeceron os nosos emigrantes polo mundo adiante? Ningún verdade, porque son pobos que saben negociar co estado español o seu futuro e porque poden negociar , porque teñen representación para facelo, son en definitiva pobos que non necesitan saír a traballar fora da súa comunidade porque acumulan moita riqueza. Se queremos avanzar en Galicia e necesario un voto nacionalista e necesario un voto para o BNG, despois non vale queixarse de que os vascos e cataláns teñen o que queren, non é verdade teñen o que votan, por iso e tan importante votar nacionalismo.

No hay comentarios: