16 febrero 2007

CANCIÓN DE SR.X

CANCIÓN SOBRE SR.X MOI GRACIOSA

Gracias o cantautor por esta canción tan divertida

6 comentarios:

Anónimo dijo...

que boa acancion, non vos esquezades de pasarvos polo lobro de visitas de www.cambados.tk e imprimir a letra para levala mañan a concentracion "eu son o señor X"

un saudo

Anónimo dijo...

19 de Febrero de 2007, 09:48:33

Quero agradecer publicamente ó sr. Alcalde de Cambados que "mandara" ó Xefe da P.L. ó acto de concentración "dos se sempre" (onte 18/02/07 ás 18.00 P.M.) fronte ó Concello, a pesar de non estar de servizo, co obxecto de garantir a Orde Pública na rúa e para que o acto dos nosos cativos non fora perturbado por eses revolucionarios de pacotilla que se concentraron ¡nada máis e nada menos para apoiar ó sr. X e pola liberdade de expresión!. E por riba de todo, coa exhibición gratuíta e pública dunhas camisetas laranxas a tres cores pola parte de adiante e a unha soa car pola parte de atrás, neste aparecía o debuxo do que presumiblemente puidera ser o sr. Corres Tourís (sí, como din eses da UGC cun sombreiro de mago chisteira), que preguntaba TI ERES O SR. X, e na parte de adiante co famoso logo ou anagrama do encarapuchado sr. X-Simpson, que afirmaba EU SON O SR. X.
A cuestión é que como pai teño que dárlle as grazas que a P.L. controlara este acto, pois de cando en vez desde unha das ventás, abriánse as cortinas, para que de xeito asisado o grande ollo de Orwell puidera exercer a vixilancia, sen deixar de estar ó axexo pola seguridade dos nosos cativos, así como pola técnica de camufalexe para despistar ó inimigo do Xefe da P.L., que de xeito indistinto empregaba unha ou outra porta para o exercizo dese control, só faltándolle subir ó balcón para tomar unha fotografía aérea da concentración e saber en realidade cantos eran. Forzas desde fora e apoio desde dentro. Eu estaba perto dos insidiosos de "os de sempre", polo que lle escoitei a un deles, que desde a P.L. (non sabía se era o Xefe) se empregou unha técnica de contrainsurxencia, sacado de non sei que manual desclasificado da CIA dos anos da guerra de Corea ou máis antigo referente as gherras de Indochina ou Arxelia, como é a técnica de averighuar mediante unha chamada telefónica quen collía o teléfono ao cal se chamaba, e así saber quen era o sr. X, ou se era de chulería para que o sr. X soubera que a pesar de todo estaba controlado e tarde ou temprano xa caería o paxariño: "!Chico la Policía te vigila y va tras tus talones"¡. O detalle de todo esto é que tamén a min me sónou o teléfono, que por suposto non descolguei, non fora a ser que lle levara á Intelixencia a pensar que son eu o sr. X., se ben nun principio pensei que era unha broma do Antroido.
Por certo sr. Xefe da P.L., "os de sempre", incluso ousaron desafiar, repartindo un folleto denigrante que levaba por título HISTORIAS DE IMAXINACIÓN E MISTERIO, que penso debería de recabar para unir á denuncia que fixo e así dárlle máis consistencia á teoría da conspiración, de que as cousas non suceden por arte da maxia ou porque sí, senón pola planificación e estratexia da que Vd. e máis eu sabemos quen son os culpables.

Anónimo dijo...

Por certo, se eu fora Vd. sr. Xefe da Policía Local ó rapaz que fixo entrega da camiseta do sr. X como agasallo para a P.L., o detiña sen máis e o poñía a disposición da Xustiza, paréceme ben pouco iso de tomarlle o nome, pero ademais eu mandaría esa camiseta ó laboratorio de investigación da Policía Científica, para ver se teñen pegadas, así como para tirar do fío do lugar donde se fixeron e de aí ver a persona que as encargou, tomando a investigación a posibilidade de pórlle as esposas ó sr. X.

Anónimo dijo...

Queremos ver as fotos da concentración, perto iso ten un problemas tamén é facilitarlle información ó inimigo que está pendiente do mínimo detalle, polo tanto que sexa da concentración de Zao para que averigüen quen foron de Beatles e denuncialos por subversión,

Anónimo dijo...

Eu tamén prometo facer unha canción, e tentarei que o autor do romance da noite da lúa chea, nos faga unha nova trobada.

Anónimo dijo...

eu teño fotos, pero pasareillas os d UGCH que a eles non os van denunciar pois poden sair mal parados...