09 febrero 2007

Urbanización de San Tomé

Según La voz de Galicia:
Medio Rural inspecciona a reurbanización do barrio de San Tomé
09/02/2007

O gerente da fundación comarcal, Manuel Soliño, e o concelleiro de Medio Ambiente, Luís Aragunde, acompañaron aos técnicos de Medio Rural nunha visita polas obras realizadas no barrio cambadés de San Tomei. A iniciativa estaba destinada a certificar que os traballos, que foron financiados con cargo ao Proder, realizáronse seguindo todas as directrices que marca este programa europeo. Segundo explican no Concello de Cambados, os técnicos puideron certificar que os traballos axustábanse ás esixencias do Proder. As obras consistiron na reurbanización de varios viales no casco antigo de San Tomei e tiveron un orzamento de 120.000 euros. Estas intervencións permitiron continuar coa campaña de recuperación do patrimonio cultural cambadés, cualificado como Ben de Interese Cultural. Con cargo a este mesmo programa europeo, Cambados tamén instalou sistemas de iluminación en varios puntos do casco histórico. Neste caso, as obras leváronse a cabo na praza de Fefiñáns, na avenida da Pastora e nas rúas Isabel II e Real. Os técnicos tamén percorreron estes lugares para comprobar a adecuación dos traballos. Para rematar, visitaron unha nave que se construíu no polígono de Sete Pías con cargo ao mesmo programa.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Deberian investigar todalas urbanizacions que se fixeron estes ultimos 4 anos como se esto fora marbella, en todolos sentidos