



Podia decir tamén cales son os trifásicos que certos colegas ulizaron para facerse co chollo. Podia decir tamén como certos empregados que pagamos todos realizan tarefas que non son consideradas estrictamente municipais nin en dependencias municipais. Podia decir tamén como lle fan a vida imposible a certo compañeiro seu por non ser da “mesma corda” co de Oubiña.. Podia decir tamén como se fai a “vista gorda” a certos amigos propietarios de empresas que virten ilegalmente o mar. Podia decir tamén, incluso, como se fai a “vista gorda” para que da noite a mañan galpons de 50 m2 se convirtan en verdadeiros chalets de luxo. Podia decir tamén como certas persoas influentes do partido obran nas suas casas en zonas declaradas do patrimonio historico artístico sen ningunha clase de problemas e usando os materiais que lle veñen en gaña.
Podia decir tamén cando o de Oubiña ou os seus mandandos lle “suxiren” incrementar o erario público a base de sancións os nosos vehículos. Podia decir tamén cales son os altos cargos que máis se “maman” na festa do Albariño. Podia decir tamén como empregados pagados por nos pegaban carteis do mesmo partido ou colocaban o mobiliario para os mitins. Podia decir unha e mil cosas pero seguro que non vai decir nada.
¿E ó mellor se o da bici só é a punta do iceberg das corruptelas que xa hai xeneralizadas no “auntamento”?.
P.D.- Ainda que co permiso do meu colega o Sr. X vou a seguir escribindo artigos neste foro, de hoxe en diante tamén podes ver todos artigos escritos ata o de agora na páxina http://www.osorro.ar.gd/