01 diciembre 2006

Cambados abre o seu centro de información á muller

Mariña Varela será a encargada da dirección do centro
O colectivo feminino pode consultar nestas oficinas calquera problema que lles xurda.

en Cambados, o Centro de Información á Muller (CIM) abrirá hoxe mesmo as súas portas despois de varios meses pechado e non pouca polémica detrás. Estará dirixido tamén por Mariña Varela -que estivera no posto na anterior etapa- e contará, ademais, cunha psicóloga e unha psicopedagoga.O servizo seguirá prestándose no terceiro andar do edificio de usos múltiples do Concello, na rúa Ourense. Alí poden acudir dende hoxe mesmo todas as mulleres da localidade para consultar calquera dúbida ou a comentar calquera problema que teñan.

No hay comentarios: