16 diciembre 2006

CANDIDATO DO BLOQUE

Xa saeu a luz, o candidato será Víctor Caamaño, actual director do I.E.S. Francisco Asorey.

Pois xa temos os tres principais candidatos a alcaldía, un profesor, outro profesor, e un ... e un qué?. Persoalmente pareceme unha boa elección, o que non entendo é que no caso de non ser Víctor, pensaran en Manuel Domínguez, xa que non me parece unha boa baza, creo que sería mellor unha candidata, non?

2 comentarios:

Cambados dijo...

Aínda coincidindo que debería de ser unha muller, pois creo que xa vai sendo hora que se lle facilite o acceso á política e como desta vez non puido ser, dicir que o candidato proposto polo BNG e a aceptación por este, é un excelente candidato, incluso con posibilidades reais de estar por riba de Tabuyo, se ben tamén é certo que todo vai depender do equilibrio no resto da candidatura e da incorporación de referentes pola súa relevancia social, traballo e honestidade. Por certo aínda falta a outra estrela invitada, por IPC, PG, ou haberá escisión e úns achegaranse ó PP e outros irán polo PG, aparte dos que se vaian polo mar abaixo, como a troita de pé.

Sr. X dijo...

Creo que o que realmente se buscou e un candidato para igualar o Psoe, pero non lle vexo forzas a Víctor, non digo que sexa mal candidato, pero se realmente quere facerse coa vontade dos cambadeses ten que falar con decisión, que imprima confianza, non que fale baixo, como Roque: "Bueno..., Pois si...," que parese que vai a morrer antes de acabar unha frase, que sexa un puco confiado e que fale con decisión.