05 diciembre 2006

O CONCELLO ASFALTARÁ PISTAS RURAIS NOS PRÓXIMOS DÍAS


O CONCELLO EMPRENDE A REHABILITACIÓN DAS PISTAS DO RURAL.


O Concello xa comezou os traballos de pavimentado e rehabilitacion das trece pistas do rural, en total invertirán 200.000€ e esperan que as obras estén rematadas antes de fin de ano. Realizarán traballos de limpeza das márxenes das pistas, barrido en bacheos e rego asfáltico de adherencia, ademáis da aportacion de grava donde sexa necesario. Os primeiros camiñós que se arreglarán serán os do Couto de Abaixo e Lourido, correspondentes a parroquia de Castrelo. De feito esta parroquia será a máis beneficiada, xa que se asfaltarán un total de oito viales, que en conxunto, supoñen un total de sete quilómetros, (Entre os que se encontran o vial de diante da casa de Telmo Martín), e 54 metros de pavimentación.
Por outra parte, en Covillón(Toda a vida con B e ajora manda carallo con v) o Concello encargarase da limpeza e bacheado dos viais que suman, cos seus ramais, 1'5 km. e que implican traballos en 3 tramos do entorno do Muíño da Seca, ademáis da rehabilitacion do vial que une A Cabana con Chileta, coas duas rúas paralelas de 150m.
En Oubiña traballarase nun vial, e por último en Vilariño ocuparanse de rehabilitar un vial de 600m que une San Antón-Modia co municipio veciño de Vilanova de Arousa.
Todos estos traballos responden a unha demanda que, dende fai tempo, levan verendo os veciños das distintas parroquis que denunciaron en varias ocasions o mal estado das pistas no rural e, sobre todo, o feito de que nin siquera estuveran limpas. -E claro, pídense dende fai tempo e faise agora, a 6 meses das elessions.-
Como di o outro tiña que haber elessións cada ano.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Outra vez, que casualidade, non se pode engadir á nova do Sr Durán (JJ, neste cas) ningún comentario, pero vouno poñer aquí e onde me pete. Que batan na boca cun canto porque moito se lles enche decindo estas historias da vía rápida e haberá que recordarlles que non ten nin 10 anos e que eles saben moi ben quen a construíu a toda presa e como se pode ver para ser inaugurada a tempo...

Anónimo dijo...

Vamos a ver, son moitas as pistas do rural que necesitan un arranxo urxente ainda que sexa con zarzo solamente pois por algunhas, despois dos últimos e presentes temporais que a Consellería do Medio Rural mandou contra Cambados, xa non se pasa nin en tractor. ¡¡¡Mais orzamento para infraestruturas e menos para festas e papadas!!!

Anónimo dijo...

E xa veredes cando as máquinas do Sr. Louzán (actual Presidente da Xunta en Funsións, polo modo de moberse, principalmente nos xornais) entren a trapo, vai pareser de película.