05 diciembre 2006

HOMENAXE A CABANILLAS


UNHA GRANDE CHEA ULTIMA OS DETALLES DA HOMENAXE A CABANILLAS.


A asociación cultural e deportiva Unha Grande Chea xa ten ultimado o programa para a homenaxe a Ramón Cabanillas que se celebrará o vindeiro día 23 de decembro no auditorio municipal da Xuventude. O evento, programado para as 20:00 pm. realizase co motivo do asiversario da páxina web da agrupación. Na axenda está prevista a comparecencia de tres expertos sobre a vida e obra do autor cambadés. O presidente de Unha Grande Chea, Fico, falará sobre a rama cómica de Ramón Cabanillas. A contunuación, o académico e membro do Consello da Cultura Galega, Francisco Fernández Rei, amosará a súa opinion e analizará a obra poética do cambadés, facendo especial hincapé na peza "A fouce esquecida".


A última das comparecencias correrá a cargo de Benxamín Rey, autor do documental "A fouce esquecida" e que detallará o proceso de rodaxe e motivo da elección do tema.


Despois do lado máis teórico, chegará o turno da música a cargo do gaiteiro Xaquín Xesteira, compoñente de Teixadura; Manso e a interpretacion de Xoan e Blas de " A fouce esquecida" que é, o mesmo tempo, a banda sonora do documental de Benxamín Rey, e do mesmo nome, que se proxectará despois das actuacións.


FELICIDADES A UGC, POLO CUMPRE DA PÁXINA, E QUE SEXAN MOITOS MÁIS
Pois xa sabedes, as oito en punto alí todo dios. xD
Atentamente: Sr. X

5 comentarios:

cambados dijo...

Xa era hora que o Sr. Alcalde se acordara, que o auditorio da Xuventude está para algo máis que o seu libre albedrío. A cultura non pode ter atrancos de ningún tipo, éche unha mágoa o actuar de quen debería de representar a todos os cambadeses.

Anónimo dijo...

Fai máis UGC por Cambados que todo que fai Cambados (Alcaldía) por Cambados.

Sr. X dijo...

Douche toda a razón, UGC está entregada as actividades socioculturais da nosa vila. Si non mirade o carnaval cambadés, si non fora por UGC estaría morto.
Saúdos.

Atentamente: Sr.X

Anónimo dijo...

a disir verdad nos se contenta o que non quere, mira que disir que a unica cultura faina una jrande chea!eso tanto como mexar por un e dicir que chove.

Anónimo dijo...

Aproveitar para felicitar a UGC polo desenvolvemento do acto de Homenaxe a Ramón Cabanillas o pasado día 23 do mes e ano que andamos. Cómpre salientar varias cousas, entre elas a ausencia do noso Alcalde, ¿quizais tiña que xogar un partido de fútbol en Vilanova de Arousa?. Tamén as ausencias do Director Xeral de Turismo e da Delegada Provincial de Cultura fixeronse notar. Agredecer a presencia da Delegada Provincial de Industria. O acto foi moi emotivo, e moi importante en cualidade humana e profesional das actuacións. Noraboa e que UGC siga na mesma liña per secular seculorum.