11 abril 2007

DOCUMENTAL SOBRE DA "MANIFESTACIÓN DA CONTRIBUCIÓN URBANA 1986"

O vindeiro sábado 14 de abril, as 17.30 horas vai ter lugar un fito histórico en Cambados, por primeira vez na historia cambadesa e en primicia vaise proceder a exhibición do documental "MANIFESTACIÓN DA CONTRIBUCIÓN URBANA 1986" no salón de actos de EXPOSALNÉS. No devandito ano cando estaba esmorecendo o mandato de UNIÓN GALEGA (parte do BNG actual), o partido que vos todos sabedes tan ávido de manifestacións, prepaourelle unha boa a Xoan Antonio. Unha serie de persoas deste partido perfectamente organizadas montaron un dipositivo para que a xente acudira a manifestarse a maioria deles ainda hoxe non saben moi ben contra que (como casi todas as manifestacións que montan estes individuos), porque moita de xente que vemos na manifestación non tiña nin casa propia. As imaxes do documental son demoledores, a modo de exemplo esta que fai de cartel como vemos como a masa alporizada invade o concello incluso cunha bicicleta. Tamén se pode ver no documental como certa personaxe popular que ahora ten un negocio de hosteleria en Tragove coa vista gorda dos que agora mandan (os favores hai que pagalos sempre) incita a xente a invadir o Concello. Tamén podemos ver a un individuo que creendose chistoso di unha sarta de tonterias dende o balcón do concello microfono en man. A quen non se ve no video son os ideologos desta manifestación e que todos tedes en mente, agora respetables autoridades algúns deles, outros xa xubilados, outros "tirados" a boa de Deus e a outros "xubilaronos" o acabarselle o "negocito". A modo de exemplo decir que certas empresas incluso pecharon obrigando os empregados a ir a manifestación. Tamén se pode ver como certo empregado dunha famosa ferreteria fai corrillos "intoxicando" a xente. En fin un documento verdadeiramente histórico que fará acalar aquelas voces dalguns foristas incrédulos que din que non temos probas do que falamos e que xa anteriormente as "huestes populares" saben organizar perfectamente manifestacións incluso ilegais. A maioria da xente da "movida informática" actual tiña daquela 1,2,3,4 ou 5 anos e incluso alguns ainda non naceran polo que o documento adquire para eles ainda máis valor. A este "pase" foron invitados por correo certificado todos os cabezas de lista que se presentan as eleccións José Manuel Cores Touris, Victor Caamaño, Domingo Tabuyo, Alvaro Rodriguez e Xoan Antonio Pillado este por ser o protagonista involuntario principal da historia, eles verán se paga a pena ou non asistir. Esperamos que o resto dos colectivos informaticos de Cambados tales como Cambados tk, Unha Grande Chea, o propio Sr. X, Polonoso etc, non falten a esta espectante cita. Os democratas e progresistas ali nos veremos.

22 comentarios:

cambados dijo...

Creo que é unha magnífica iniciativa, que espero non fique aillada doutras pois na rúa existen elementos suficientes para seguir adiante, e despois do troco de goberno local, tamén.

An dijo...

interesante iniciativa, noraboa :)

Anónimo dijo...

por un momento, iluso de min, pensin que esta ía ser unha proxección obxectiva para que cada un puidese, de precisalo, sacar as súas conclusións, pero non hai máis que ollar a introducción para imaxinarse que non deixará de ser unha "montaxe" informativa máis¡¡

Anónimo dijo...

Eu pagaba 7.200, e tiña que pagar 42.000 pts pola subidiña do BNG.

Anónimo dijo...

E inda encima sae o alcalde, e en vez de calmar a xente, e decir algo asi como:
-veremos que se pode facer.
NON, o cabron bai e di:
-Xa esta feito, e non ahi volta.
FILLOS DE PUTAAAAAAAAAAAAAAAAAAAA.
MANIPULADORESSSSSSSSSSSSSSSS.
(Eliminade esto do blog, que non interesa que se sepa).

Marcus Curtius dijo...

Non se trata dunha montaxe, non está manipulado e, se pagabas 7.000 pesetas era precisamente porque X.A. Pillado fixo que só pagaramos eses cartos durante o seu mandato. A suba foi cousa do goberno central e éche ben certo que non se podía dar volta atrás pois Pillado non gobernaba en España. Non eres máis que un mequetrefe ignorante coma tódolos que se deixaron manipular daquela. E polo carallo te manifestaches hai xa un par de anos cando a basura de Cambados (ísto dígoo con dobre sentido) subeu un 300 por cen. Maldito mamarracho do carallo.

Anónimo dijo...

LEVADES 21 SEN MANDAR, E NON VOS VEXO XEITO DE QUE CAMBIE...
JODE EH...

Anónimo dijo...

Espero que se conte por que ocorreu esto, o incremento SALVAXE da contribución urbana(o que cada un paga pola vivenda e terras) ejemplo o que pagaba 40.000 petas pasaba a pagar cerca de 90.000 de fai 20 anos, cando por poñer un exemplo un coche utilitario non chegaba a 400.000 ptas,cado cobraban por cada asfaltado e por cada farola, por cando te afogaban a impostos con orden de embargo en 15 dias, cando a xente estaba asustada por non poder facer frente os impostos.... e un largo etc. mais, a xente levantouse sola, pola desesperación de perder a sua casa as terras... foi traumatico para todo o pobo e incluso para os que simpatizaban e apoyaron a ese governo.MEMORIA HISTORICA

Anónimo dijo...

Engañarón a todos entrando no concello como Unidade Galega, e resulta que eran do bloque, e quen dirixia todiño era Paco Trigo, e Juan Antonio Facia o que lle mandaban.

Anónimo dijo...

Hai que deixar as "ideas" a un lado e ser honrados. Daquela os que mandaban non tiñan un can. A Xunta nons les daba nada e tiña que face todo a conta dos veciños. Logo viñeron os que estan e a Xunta deulle cartos a moreas. Agora cambiou outra vez o tema e como xa non estas os mesmos na xunta tampouco ven un can para o pobo. Conclusión. Debe haber boa armonia entre a Xunta e o axuntammento. ¿que pensades?

Anónimo dijo...

penso que daquela os do bloque non querian cartos porque precisamente que mandaba na xunta non eran eles.

Anónimo dijo...

Estou de acordo que a xunta a penas esistia, pero non se pode intentar face-las cousas de costas os veciños, e en tempos de penurias. Pois antes que eles estiveron outros alcaldes e ningún fixo semellante cousa, de.." ou pagas ou te embargo" ¿donde pensaban meter os veciños cando os embargaran... no concello?.... que xa se rematara a Ditadura do eu mando e ordeo. PANDA DE ATRACADORES.

Anónimo dijo...

Antón Losada Trabada es el Secretario General de Vicepresidencia de la Xunta, que preside Anxo Quintana el líder del Bloque Nacionalista. Losada ya está denunciado por los policías que trabajan en su consejería por tratarles de forma vergonzante y vejatoria. Esto motivó un comunicado conjunto de los sindicatos policiales en el que calificaban al personaje como "matón
Antón Losada Trabada es el Secretario General de Vicepresidencia de la Xunta, que preside Anxo Quintana el líder del Bloque Nacionalista. Losada ya está denunciado por los policías que trabajan en su consejería por tratarles de forma vergonzante y vejatoria. Esto motivó un comunicado conjunto de los sindicatos policiales en el que calificaban al personaje como "matón
Antón Losada Trabada es el Secretario General de Vicepresidencia de la Xunta, que preside Anxo Quintana el líder del Bloque Nacionalista. Losada ya está denunciado por los policías que trabajan en su consejería por tratarles de forma vergonzante y vejatoria. Esto motivó un comunicado conjunto de los sindicatos policiales en el que calificaban al personaje como "matón
Antón Losada Trabada es el Secretario General de Vicepresidencia de la Xunta, que preside Anxo Quintana el líder del Bloque Nacionalista. Losada ya está denunciado por los policías que trabajan en su consejería por tratarles de forma vergonzante y vejatoria. Esto motivó un comunicado conjunto de los sindicatos policiales en el que calificaban al personaje como "matón
Antón Losada Trabada es el Secretario General de Vicepresidencia de la Xunta, que preside Anxo Quintana el líder del Bloque Nacionalista. Losada ya está denunciado por los policías que trabajan en su consejería por tratarles de forma vergonzante y vejatoria. Esto motivó un comunicado conjunto de los sindicatos policiales en el que calificaban al pAntón Losada Trabada es el Secretario General de Vicepresidencia de la Xunta, que preside Anxo Quintana el líder del Bloque Nacionalista. Losada ya está denunciado por los policías que trabajan en su consejería por tratarles de forma vergonzante y vejatoria. Esto motivó un comunicado conjunto de los sindicatos policiales en el que calificaban al personaje como "matónersonaje como "matón

Anónimo dijo...

¿Que pasou no acto que chego un que daquela mandaba moito e agora parece que xa non manda nada en ningures. O peor é que, quizais sin querelo, reventou o coloquio !Que pena! Co ven que empezabamos a pasalo. Había diversas opinións: Uns, dunha banda; outros, loxicamente doutra. Mais rematou "a peli", escomenzou o coloquio e foi cando esta persoa espezou a dicir cousas que, o meu parecer, non viñan a conto e o que consigueu foi que todos se levantaran e rematara o acto. Saudos a todos.

Anónimo dijo...

Oe, Sr X. Chegados aqui, penso que debería vostede explicar a todos a que é debido que se habilite a moderación de comentarios. Supoño que obedecerá a algo con sentido e fundado pois, si non é, poderíase entender coma censura ¿ou? Vaian por diante os meus respetos e un saúdo.

Anónimo dijo...

sr.X, Censura???????
huy, huy, huy, criticamos o censuramos.

Lo pensaste bien???? censuramos????? entonces aprobamos lo que los anonimos remiten...... Huy, huy, huy, responsabilidades?????????

Huy, Huy, Huy

Anónimo dijo...

Noraboa, un exemplo para os organizadores do acto. A magoa foi o impresentable de Paco Trigo que deu uns espectuculo lamentable, menos mal que no BNG prescindiron deste individuo, senón que de seguro co meu voto non contarian. Non me extrana xa ten nome de dictador.

Anónimo dijo...

Meus pais pagaban 9.500 pesetas pola casa, en 1985, e despois da suba tiñan que pagar 67.650 pesetas. Bloqueiros ladróns¡, se gañades o 27 M lárgome de Cambados.
A roubar a Cuba.

Anónimo dijo...

Alégrome de que fixerades público o documental sobre a contribución urbana. Será un argumento máis para votar PP. Levan 20 anos e suben os impostos de xeito razonable.
Se gaña o Bloque-Psoe, despois non vos queixedes se vos suben a contribusión un 1000 por cento.
Paco trigo, dañe caña ós falsos progresistas.

ruxe ruxe dijo...

Para 11/04/07: 18.42.00, 18.55.00 e 19.42.00 que parecen ser o mesmo se a lóxica non é errónea.
O exposto son datos obxectivos, non son as apreciacións-afirmacións subxectivísimas de Jimenez Losantos, nin da Cope, nin do Mundo, nin por suposto de Aznar, nin de Rajoy, nin de Aceves, nin de Zaplana (la extrema dura). Para afirmar esa subxectividade que amosas, terás que dar un mínimo de razóns, cousa que non fas porque cando se carecen delas a diatriba, o anatema, o dogma de fe pretenden facer mella, pero en realidade quen se descalifica é quen as formula.
Cando se bota a lingua a pacer, hai que facelo cun certo sentidiño e responsabilidade, é unha grande trola que a subidiña a fixera o BNG, porque se un se achega á hemeroteca sexa municipal ou dos xornais o BNG non estaba a gobernar, quen afirme iso é un trampón e xa sabemos que se colle antes a un trampón que a un coxo (e que me perdonen os coxos). A suba viu imposta por unha Lei estatal, a aplicación do tipo impositivo nese ano era a mesma que a do ano anterior no que atinxe á competencia do Concello, polo tanto o Goberno Municipal non subeu absolutamente nada. Afirmar o contrario é descoñecer a realidade e seguir a difundir bulos sen fundamento ningún. A empresa que fixo a valoración foi contratada pola Delegación Provincial de Facenda, dependiente do Goberno do Estado e non polo Goberno Municipal. Esta é outra mentira interesada máis.
Que existiron erros é certo, para eso cando alguén é prexudicado por algunha resolución están os recursos e a vía contencioso-administrativa, independientemente das movidas colectivas. Que a devandita empresa (contratada pola Delegación Provincial de Facenda-Goberno Central) cometeu erros no atinxente a facer sobrevaloracións é evidente, pero de aí cargarlle a culpa por riba de todo ao Goberno Municipal vai un abismo. Non obstante eu quero entrar no fondo da cuestión, daquela había en Cambados, pois a revisión anterior fora moitos anos atrás, defraudadores eu diría auténticos "cacos" que facían pagar a outros que si pagaban, máis impostos dos que deberan se pagaran todos, pois a mentalidade a diferencia dos europeos é de escaquearse de pagar impostos, co cal os que están controlados por Facenda teñen que pagar máis. ¿donde a solidariedade, donde a responsabilidade?.
En canto a intervención de Xoán-Antonio Pillado foi do máis honrada que vin, por moitos menos no Concello de O Grove por impedir celebrar un Pleno foron algúns veciño e veciñas acusados de sedición no ano 1985 e tiveron que sentarse no banco dos acusados. Eu non comparto que se cargara contra da manifestación que se di ilegal, pero a algúns unha boa somanta ao mellor víñalles moi ben.
No que respecta ao insulto que fas, xa te descalificas filliño e vexo que o teu pertence ao pasado das cavernas, donde todos obedecían ao xefe da tribu. Chamarlle cabrón a un Alcalde sexa da cor que sexa, cando foi elexido democraticamente nas furnas (non foi imposto como antaño polos teus amiguiños de turno), amosa realmente a túa escura e verdadeira faciana.
Eu faría a pregunta a inversa, ¿É que a maioría das personas que estaban alí non foron manipuladas, cando se demostrou que practicamente todas elas eran do rural e aí non afectaba en grande medida a suba catastral?.
Cando se fala e se quere ser obxectivo, non subxectivo, e imparcial, non parcial, hai que ver a documental proxectada enteira, xa que se deduce que ti falas de oídas, pois case ao remate aparece Xoán-Antonio Pillado donde le un acordo da Comisión de Goberno cos seguintes puntos:
1º).-Pedirlle á Delegación Provincial de Facenda de Pontevedra que o cobro dos impostos do Catrasto se fixera polos baremos do ano anterior.
2º).-Por a disposición dos prexudicados a Oficina Técnica Municipal para asesoramento legal.
e un 3ª. que non me agora non me acorda.
Polo tanto quen é aquí o manipulador, o intoxicador, o trampón?. Amigo cando fales argumenta razóns e non dixeronme que un dixo e dixo o que dixo, e así se afirman mentiras, porque tanto o que dixo, os intermediarios da transmisión, como o último que tamén dixo e afirmou, eran pequenos Goebbels que crían que as mentiras contadas mil veces chegan convertirse en realidade!. Pois non meu amiguiño, non cola, nin con pegamento.
A realidade OBXECTIVA, é que despois "apareceron" ¡ 3.000 mil!, sí TRES MIL NOVAS ALTAS no padrón da urbana.
Noutro País por defraudar ao Fisco moitos irían ao caldeiro, aquí como este é o País da Ghaita e da Pandereta: ¡Viva la Pepa!.
Please unha de chumbo!.

Anónimo dijo...

Cando non se sabe, debe un acudir ou ben a quen sabe ou facer de autodidacta acudindo ás veces ao libro dos burros (diccionario) ou a outros libros máis técnicos se a cuestión é técnica. Por favor non xoguemos a confundir ao personal. A contribución urbana (anteriormente denominada catastral) no ten nada que ver coas terras (a antiga contribución rústica), polo tanto non misturemos as cousas.
Debe de foder máis perder o Goberno da Xunta a pesar de presentar a D. Manuel, ós sres. feudais xa pensabades que a Xunta era cuestión de herencia perpetua e mira ti por donde, os vasallos revelaronse contra o Pater Patrone.
Por cero moi mal deben de andar as cousas para que o staff do PP teña que mandar a un probe xubilado ás Américas, eu non sei se para facer as Américas (aquelo de buscar o voto debaixo das pedras). ¿Por certo algún de vos podería explicarme para que o PP de Melilla imprimeu a solicitude de voto por correo, cando quen fai legalmente iso é o Estado, quizais para facer avionciños?.
Ruxe ruxe deixou magnificamente aclarada a cuestión do ano 1986, incidir no tema non paga a pena, se ben non podo deixar de pasar por alto un dato que o di todo, despois houbo 3.000 novas altas o que é sintomático de quen estaba detrás da movida.
Quen non coñece a Xoán-Antonio Pillado e tamén a Paco Trigo fala por non estar calado, aínda hoxe debido a un shock traumático, certo elemento, sigue con esa teima e aproveita unha e outra vez os medios para lanzar a soflama, ¡igualiño que aquelo da consigna da conxura roxo-xudeu-masónica!.
Eu non esperaría a que Facenda ou outra Administración me amenazara co embargo, se teño que pagar un imposto, E É XUSTO, o pagaría, SE NON FORA XUSTO, recorrería, lóxicamente non me deixaría embargar un ben que vale 3.000, 6.000 ou 10.000 euros, se o que teño que pagar é un imposto de 300, xa digo se fora xusto. As vías legais están aí, ou non litigamos e pagamos moreas e moreóns por unha cuarta de terra, cando consideramos que é inxusto o que está a facer o veciño?.
Négome a creer o que algúns afirman, que daquela te afogaban a impostos, eu afirmo o contrario, agora existen moitos máis impostos e maís que non meterán, en comparación coa suba do nivel de vida as contías dos impostos dispararonse e por suposto en comparación cos soldos que apenas subiron e cos servicios que recibes. Ninguén protestou pola suba do lixo, máis do 300, cando a CE fala de que non pode haber impostos confiscatorios.
Algúns daquela demandaban de D. Antonio su intercesión para que no le afectara a los bienes que Dios les diera.
Cando hoxe Facenda di o pagas o te embargo que fai o contribuínte se é solvente paga e se é insolvente deixar ir, noutros países vai ao talego por non pagar, aquí felizmente, e eu coincido plenamente que non existe a prisión por débedas, agás no plano penal e con respecto só das multas, só que hai que pagar a indemnización (responsabilidade civil) con anterioridade á multa.

Anónimo dijo...

"Meus pais pagaban 9.500 pesetas pola casa, en 1985, e despois da suba tiñan que pagar 67.650 pesetas. Bloqueiros ladróns¡, se gañades o 27 M lárgome de Cambados.
A roubar a Cuba."
Firma:
===FABEIRO===