29 abril 2007

Centro de Saúde de Cambados

Queixas dos usuarios do Centro de Saúde de Cambados, sobre o estado do mesmo, dende aquí pedímoslle o órgano competente que tome cartas no asunto, que según me dixeron correspóndelle o CONCELLO DE CAMBADOS ARRANXAR OS DESPERFECTOS DO EDIFICIO, ASÍ COMO DO SEU MANTEMENTO, o SERGAS encárgase do persoal e do material médico . As fotos pertencen o servizo de urxencias, que como comprobarán atopase nun estado penoso. Queixábanse do pediatra, cando estes desperfectos están dende polo menos 6 meses, bueno agora como estamos en eleccións, supoño que o arranxarán, como fixeron coas estradas, fontes... que estando en desperfecto estado dende fai moito tempo, arranxanse a un mes das eleccións, e todo a correr.
Podemos comprobar que o teito faltanlle planchas, quedando o cableado a vista:Na sala de espera cae o papel da parede, debido a humidade:

A porta donde está a celadora fátalle a cerroxo, e ten un buraco no teito:
A porta do baño de señoras está nun estado lamentable, sin cerroxo:

Na consulta de urxencias támen faltan planchas do teito:


9 comentarios:

cambados dijo...

Suxestión: O que tedes que facer é acadar o correo electrónico do Sergas ou do responsable (Delegado Provincial) na provincia do mesmo, e remitirlle isas fotos, amais de dicirlle que están colgadas no blog, xa veredes como ao pouco se arranxa a situación.
Seguide por ese camiño, pois en Cambados algunhas cousas melloran ou amañanse grazas a vos.

Anónimo dijo...

E o que temos, os politicos so miran os cartos que poden acadar pra eles, tanto o que está no poder coma a oposición, do benestar do pobo esquencensen sempre, e non fan mais que enfrentarse pra decir quen e o "mellor".

Anónimo dijo...

a cuestion é que o centro de saude esta feito un cristo, e a labor do concello e dar parte ao organismo encargado de arranxalo, e encargarse de que o veñan arranxar.

E como cando n amigo meu foi o concello porque tiña un problema co suministro de auga e lle dixeron que eso era problema de aquagest, pois non, o concello e quen se ten que encargar de que aquagest faga o seu traballo, e non os cidadans

Anónimo dijo...

Para o anónimo das 13.13.00 (01/05/07). Non chego entender que unha falacia como a que afirmas nin ti mesmo a creas, pois no fondo é iso da manida e tópica fraseciña de "Todos son iguais" o cal non é certo ou sí o é a respecto de todos alcaldes da dereita rancio-reaccionaria
, que de democrática tén ben pouco. Non tes maís que coller exempros dos arredores, incluído Cambados e verás: enchufados los de mi partido, familia, que nos foron de interventores, etc, etc...
Se na Deputación non mires para outro lado ou poñas cara de tahúr o de virollo porque non che imos crer que non sabes ou non coñeces.
Os da oposición fánse ricos a conta do Concello, non vexas ti, coches de grande cilindrada, chalets en Marbella, terreos en cando sitio hai, tren de vida impresionante, empresas tapadeiras con testaferros, principalmente da construcción e miles de cousas máis ao estilo de Pavimentos del Año. O enfrontamento en política é a cousa máis normal do mundo, é o producto dos puntos de vista de como se deben de facer as cousas, é o producto de ver o modo de actúar non de xeito unilateral, uniformizador, ortodoxo e global como o está a practicar o PP.

Anónimo dijo...

veña que esta web funciona moi ben, grazas a ela arranxaronse buratos e demais desperfectos en Cambados, inda que alguns se arranxaron porque xa estaban ahi as eleccions.

ruxe ruxe dijo...

¡Unha imaxe vale máis que mil palabras!.

Anónimo dijo...

Touriz, oxe (07/05/07) afarteime de cheirar merda por Triana e po la ribeira de Fefiñans, as excursion dos bellos que se atopaban paseando iban tapandose a nariz, iso se lle chama "cumplir co prometido" tanto pregonades que sodes bos que nin vos mesmos o creedes, iso está sin arranchar e seguiremos cheirando MERDA, hay que ser moy parvo para tragar esa trola.
Estades aurrinando a Cambados, marchadevos xá.

Sr. X dijo...

anónimo dixo...cuestion é que o centro de saude esta feito un cristo, e a labor do concello e dar parte ao organismo encargado de arranxalo, e encargarse de que o veñan arranxar.

Como vai dar parte si lle corresponde o propio Concello. Xa está confirmado, a cesión do edificio e do mantemento deste correspóndelle o Concello, do Sergas dependen o persoal e material sanitario.

Sr. X dijo...

Algo xa se arranxou.Creo.