02 junio 2007

CAMBADOS: NON É MARBELLA, PERO…


Hai xa moitos anos que Cambados ven sendo permisivo con certa delincuencia e ningúen nunca puxo o grito no ceo, agás unha asociación denominada Desperta, que morreu asasinada pola cobiza deste pobo. Nos anos corenta , cincuenta e sesenta algunha xente de Cambados fixose moi rica andando o que naquela época se denominaba estraperlo (traian de Portugal azucar, aceite, sal etc e revendiano aquí moito máis caro). Aquí houbo grandes empresas, algunhas de transportes, que os seus amos empezaron sendo estraperlistas e terminaron sendo señores moi respetados. Logo veu a época do contrabando, furtivismo, outros voltaron a facerse ricos , fixeron empresas, casas, bos coches e algún ata lle fixeron un homenaxe no concello con entrega da insignia da cidade e placa conmemorativa ( non descubro nada xa que saiu publicado en toda a prensa) , acto presidido por Santiago Tirado daquela alcalde e hoxe Director dos Bombeiros , a Banca cambadesa con eles estaba de maravilla. A xente de Cambados voltou a ser permisiva con eles e sempre oias aquilo de “…o tabaco non se lle fai dano a ninguen…”. Logo xa viu algo gravisimo, que foi a reconversión do tabaco a droga e a sociedade tampouco espertaba, é maís en Cambados sempre se aceptaron os narcos entre a poboación, falando con eles, comendo con eles, divertindose con eles, alguns ata participaban en sonados actos eclesiásticos, outros ata patrocinaban clubs de deportes e referimo sobre todo a certo dono dunha discoteca moi de moda en Cambados detido fais uns meses pola Audiencia Nacional , non serviu de nada que un tal Garzón puxera un helicóptero no ceo e levara uns cuantos para Carabanchel e Alcala – Meco. Non pensedes que puxo o remedio, foi flor dun dia e enseguida voltaron o mesmo.

Na actualidade ¿quen son os novos ricos de Cambados?, pois aparte dos narcos que xa están misturados entre a sociedade, por moito que D. José diga o que queira e na sociedade incluo a igrexa, sen problema ningún, son os que todos sabemos os do “boom” da burbulla inmobiliaria que da para moito, o urbanismo salvaxe, hai que construir donde sexa e como sexa, están en todos os estamentos do poder. Porque esta xente, non vos equivoquedes, son os que máis influen na vida municipal. Por iso algún partido saiu tanto atacando a Lei do Litoral , pois porque lle ia a vida nelo, e nestas derradeiras eleccións o que fixo o pobo foi aprobar a xestión destes novos ricos representados na persoa que vos todos sabedes. Para que algunha xente lle trata de inculcar o seus fillos os valores da democracia, honestidade, educación, seriedade , labrarte un futuro nos estudos , non especular etc. Si despois ven unha persoa a cal a democracia quedalle lonxe, da que se dubida moi moito da súa honestidade, que está facer un curso de educación cívica por correspondencia, que se ri de todo o mundo, que non ten estudos ningúns, e que a especulación non lle queda allea, e pobo o elevao as máis altas instancias. E tes que oirlle a algunha xente e aguantar estoicamente “…Todos rouban, que mais da que roube ó que voto eu…”. “Cui prodest scelus, is fecit” (Seneca).

23 comentarios:

Anónimo dijo...

blablablablablablablabla

Anónimo dijo...

A homenaxe a Sito o Miñanco como ti ven sabes non foi por ser o mellor home do pobo, senon o que se premiou foi o ascenso do Futbol Cambados do cal esta persoa era o seu presidene, e desto sabedes moito vos.. ou non vos lembrades como lle lamiades o cú certo persoeiro que agora sae moito nos xornais coa boca aberta protestando... seguro que algo tamén comeu daquela.

Anónimo dijo...

Señor Raposo:
Facendo honra ó teu psssssseudónimo, buscas no basurero calquera cousa para alimentar a tua fame de notoriedade, olvidando que o narcotrafico non conoce nin conoceu de siglas nin partidos, que a avaricia non ten ideoloxía, pero a ti non che importa meter o fuciño na merda e soplar, co risco de poder sair ti o peor parado. Fai repaso a historia ''negra'' cambadesa, e sabrás porque o digo, ainda que non confío en que rectifiques, sei que arremeterás decindo que a bo seguro son un narco e blablabla...e ademáis un facha e mentiroso...(conozco o conto).
Respecto ó urbanismo, gustaríame dixeras que edificación son ''as tan escandalosas'' que te refires, e si falamos de ricos; bota unha ollada a lei dos 500 metros, só se poderá construir si hai 3000m2 xusto o que temos calquera dos que traballamos có sueldo mínimo.
Este vai ser meu post máis curto. Sinceramente, teu artigo non merece máis, é execrable.
ooooooooooooooooo0ooooooooooooooooo
Spemque metumque inter dubiis
egos

Anónimo dijo...

E que os doP non lles importa de que calaña sexa a xente mentras traballe a favor deles. Non lles importa que se rouben votos aos vellos porque son votos pa eles, e non lles importaba que esta xente andivera en negocios ilegais porque lles daban cartos a eles.
Se en lugar de ser asi esta xente pagara as campañas doutros partidos, ou os que foran a acarrxar votos non foran do pp, as cousas non serian asi.
PP=ladrons

Anónimo dijo...

Cantos se an xuntado con este narco, un pra sacarlle partido o que estaba no poder de turno, e os outros pra sacarlle os cartos, ou sexa uha "boa sociedade" pois este "personaxe" de narco como sabredes fixo rico a moitas persoas a cal lle podía sacar algún beneficio político mesmamente a xusticia no seu momento, e por otra parte aruinou a moita xente pagandolle con promesas mentras o usaba, ainda son moitos que esperan pra "axustarlle contas". Así se xuntan os malos políticos, directivos de futbol o como lle chamen, cos cartos van da man uns cos outros e a sociedade mentras tanto fai que non ve, pero pasado o día pasa a romería, borrón e conta nova pra o que están de turno.

Anónimo dijo...

VENDO TANTA PAXARADA DE QUE PP ENCHUFES,PP NON SEI QUE PP NON SEI QUE MAIS VOUVOS CONTAR UNHA HISTORIA TAN REAL E TRISTE COMO A MESMA VIDA,AI UNS MESES NACEU MIÑA SOBRIÑA,CHEGOU UN DIA QUE HABIA QUE LEVALA O MEDICO A CAMBADOS,SI ESE QUE TODOS PAGAMOS COS NOSOS IMPOSTOS E NO QUE TODOS SOMOS OU DEBERIAMOS SER IGUAIS,POIS BEN RESULTA QUE PA PEDIR VEZ A SEÑORA MEDICA DI QUE NON PODE SER CA LISTA ESTABA PECHADA,XA VES,ATA QUE POR INFLUENCIAS DO BNG,A MEDICA ABREU A LISTA,OSEA QUE SI ES DOUTRO PARTIDO TES A LISTA PECHADA

Anónimo dijo...

non sei eu donde vedes vos delitos urbanisticos,si o vedes e tendes probas e no denunciades estades encubrindo a esa xente,ode sito sacase de donde sacase os cartos el xa cumpriu e esta cumprindo polo que fixo,con isto non quero decir que os defenda ea xustiza que ta montada asi,o concello premiou o club polo ascenso a 2 e recibiriao el como presidente,que levante a man quen non celebrou aquel ascenso.quixera eu tamen coñecer as vosas identidades reais que de seguro que tamen teredes os vosos trapos sucios e de seguro tamen que avian de ir saindo aqui un a un

Anónimo dijo...

pero que votos dos vellos?que pasa que a xente maior non pode votar?ideslle quitar tamen o seu dereito a votar?levan aqui mais tempo ca ti e ca min,non sei como tersas ti a teus abos pero eu os meus si queren ir votar sexa a quen sexa como si o teño que levar eu o colo,non lle vou quitar ese dereito

Anónimo dijo...

Que falamos de maioria absoluta non de 4 votos. sodes pateticos.

Anónimo dijo...

mira as hemerotecas de cando un coñecido aparellador do BNG QUE foi tamen concelleiro etc.etc, era o direcor das obras de Sito o Miñanco,jajaj e cando lle preguntan di: ..." pero eu nunca visitei as obras"... que clase de profesional e? tal vez solo cobraba? e que e do seu sobriño que estivo preso por narcotrafico como patron dun barco e tamen e -persebello-. esto non o sabias o preferias emporcar os demais e calar o voso?

Anónimo dijo...

Ainda se recorda cando Sito e Cia campaba as anchas por cambados e donde Salvador cores, chonito, etc toda a panda presumia da sua amistade.

Anónimo dijo...

E falando de todo un pouco de donde creedes que o rubio de Ayos fixera tantos cartos? como aparellador non creo que fora, pois os fixo co mesmo material que o fixo Sito, e agora ay que sacarlle o sombreiro e un "señor"

Anónimo dijo...

unha cousa e ser amigo del e outra moi distinta ter negocios con el ou recibir maletins

Anónimo dijo...

A min non me parece ben este artigo de O Sorro. Creo que naquela época as cousas foron como foron e punto, é raro topar a alguén en Cambados que non tivera na familia un narco, ou que alguén de calquera partido non tivera un amigo narco ou calquera traballador non traballase para un narco, xa fóra un albanel traballando na obra da casa dun narco, ou un fontaneiro ou un mariñeiro que non lle vendera peixe ou un dono dun bar que se negase a servirlle,etc e pasaba con xente de tódolos partidos.

Ademáis concordo co que di que a homenaxe foi polo tema do Club Juventud Cambados e non por outra cousa.

IRU dijo...

A verdade e que a xente lle da unha importancia esaxerada a escribir un artigo nun simple blog...Si vos queixades tanto de que non se sacan akí os trapos sucios dos outros partidos políticos animolles a que se fagan un blog para publicar os seus interesantes artigos, sobre a lei do litoral, sobre as urxencias, sobre a gardería, sobre canto lle gustan os edificios da Merced ou da Xuventude, e como os de esquerdas pretenden que non se repitan belezas dese tipo, que si o suarez canal coa sua criada, que si tamén hay narcos de esquerdas, etc...

Pero vir a un blog con unha ideoloxia anti pp a decirlle ós autores do que teñen e non teñen que falar, pareceme bastante absurdo. parece mentira, pero creo que tendes que crear xá un blog que exalte ó pp de cambados, porque visitas non vos faltaría, e comentarios de simpatizantes tampouco, abrideo rápido, porque estes anonimos comentaristas están pedíndoo a gritos.

Ánimo rapaces, que é moi fácil, hata vos podedes, e co que lles gusta comentar nos blogs ós simpatizantes do pp íbades a batir records. Menos mal que o pp non conseguiu facer desaparecer este blog, porque si o chegara a facer, íbadesvos a aburrir moito.

O dos Narcos dame igual, para min é peor o de ser político corrupto, porque non xogas só cos teus cartos. Pero co do urbanismo estou dacordo contigo, á xente de aprobou ese tipo de "progreso" nas urnas, o que deixa bastante que desexar da xente de Cambados. Pero para min ser maioría non me sirve para poder decidir sobre cousas desas. Porque eses solos tamén lle pertencen a minoría que non o aceptou.

E o terceiro anónimo creo que devería de fixarse un pouquiño mais porque aberracións urbanísticas as temos en Cambados a a decenas. vasta ter un pouco de sentido da estetica, da coherencia, da sostenibilidade, e de saber o que é realmente a calidade de vida, para ver que as novas construccións de cambados, non cumplen con ningún dese varemo, pero tranquilo, que si para ti eso está ben, xa non ten remedio.

Anónimo dijo...

a min tampouco me gusta este artigo, ademais coido que o contrabando foi MOI bo pra cambados, xa que impulsounos economicamente e beneficiou a todolos cambadeses. O tema da droga xa si que non se deberia haber feito.
Todos coñecemos narcos, os temos na familia e somos amigos dalgun, non sei poque ten que vir algun a rebentar o debate dando nomes propios, porque seguro que el mesmo ten algun amigo narco, si e que non o é el mesmo

Anónimo dijo...

PA QUE IMOS CREAR UN BLOG SI XA VOS PODEMOS METER CAÑA DENDE O VOSO,FODE QUE TE FODAN NA TUA PROPIA CASA E?SI NON CHE INTERESA O QUE SE DI NO LEAS.ECHE COUSA DO SR.X ESTE DE CENSURARNOS OU NON.XA CO QUE DIS DE QUE OS NARCOS NON CHE PREOCUPAN,QUE CHE PREOCUPA MAIS O POLITICO CORRUPTO...ANDA HOME ANDA O NARCO XOGA COS CARTOS E CA SAUDE DO CONSUMIDOR IGNORANTE,E VOLVO A DECIR SI TANTO DELITO E TANTA CORRUPCION VES EN FEFIÑANS HAI UN XUZGADO,ANIMOTE A QUE VAIAS ALI EO DENUNCIES E SI A XUSTIZA O DEMOSTRA QUE CUMPLAN TODOS NA LAMA

An dijo...

o problema e que somos un paletos politicos...e nunca aprenderemos, os que máis votos sacaron non foron os máis votados, se so existira un partido de esquerdas terian moitos menos votos co ipotetico partido :/ pero son os unicos na dereita cada vez máis contra a sociedade...inda que queiran facer creer o contrario

Anónimo dijo...

SITO MIÑANCO, PRESO POLITICO

Anónimo dijo...

O mais bonito e que a xusticia di que este narco tiña que cumprir de corrido a condea e está gozando de permisos, mira como valen os cartos, comprase o que non hay, a xusticia e so pra os ricos, os probes que se jodan, asi estamos.

Anónimo dijo...

home claro si hay que expropiar forzosamente a vos bng que mais vos da,importavos unha merda o que digan os donos dos terreos,cando hay que expropiar e porque o dono non quere vender,e pola vosa lei si non queres vender quitamosche o terreo que pode que sexa o unico que teñas ou o que che quedou dos teus antepasados e pegamosche unha miseria,eso eo que vos gusta a vos joder os veciño.cando unha cousa non se pode non se pode e punto

Anónimo dijo...

Tamén a Louzán habría que metelo dentro, ese sí que o fai moi fino, si non preguntenlle a os parientes que traballan para el.

Anónimo dijo...

dime ti si sendo ti alcalde meterias a traballar pa ti os do pp?seria meter o raposo a durmir cas jaliñas