13 junio 2007

TRES INCÓGNITAS PARA CAMBADOS

No futuro inmediato político de Cambados, plantexanse tres incógnitas que vou numerar por orde de número de votos acadados nas derradeiras municipais:
1º.- ¿Qué vai pasar con Touris? En varios “mentideros” cambadeses dicese que esta é a lexislatura de Luis Aragunde, a lexislatura do troco do xefe de filas do PP en Cambados. Comentase, rumorease tanto dentro como fora da rede que a mediados de lexislatura máis ou menos Luis Aragunde tomará as rendas da Alcaldía no sitio de Touris, unha vez asignada a pensión vitalicia como senador e a quen como a todos do PP ultimamente, lle darian un cargo na deputación. Non é relevante que vaia de número 3 Luis, quizaìs fora posto adrede nese número para disimular. Non seria a primeira vez que o PP fixera este especie de “fraude” os electores cambadeses xao o fixo cando Pillado lle deixou a alcaldía a Tirado e este a Touris. Asi matan dous páxaros dun tiro “foguean” a Luis como Alcalde e evitan dar a coñecer un novo candidato.


2º.- Doutro banda temos a Domingo Tabuyo que non sabemos si se vai quedar de simple concellal, ou vai dimitir e deixar paso a nova Raquel Chaves. É un dilema que Tabuyo terá que resolver en Xullo. Se despois da calamitosa actuación no concello do PP cambadés (artimañas políticas aparte para conseguir votos) Tabuyo non acadou o seu principal obxectivo que era ser Alcalde de Cambados hai quen comenta que abandonará a política municipal para sempre e adicarse a política de “altas miras”.


3º.- E por último temos o que é realmente importante na vida nacionalista cambadesa ¿Qué vai pasar con Victor Caamaño? . Penso que o BNG non pode voltar a cometer o mesmo erro que con Roque. Ou dimite agora (que non seria o máis aconsellable) ou teñenlle que dar outra oportunidade. Coido que se deben inclinar polo segundo. Voume deter agora nunca analise maís a miudo do que lle pasou o BNG nestas eleccións. A regresión é alarmante, é hora de dar conta da xestión, de facer exame de conciencia do acontecido nas municipais e de poñer os postos a disposición da fronte sobre todo os do Consello Local e os do Consello Comarcal. Non se pode estar a botar a culpa toda a vida o PP e o PSOE dos males do BNG e ir de descalabro en descalabro electoral. Hai xente no BNG dende o ano 83, non é cuestión de facer unha depuración coma as purgas de Stalin, pero ten que entrar savia nova no BNG cambadés e do Salnés e de forma urxente, senón facendo un pouco de pitoniso, nas vindeiras municipais baixaran a dous ou a ún concellal, tempo o tempo. É hora de que Xoan Antonio, Adela, Duarte, Montse Prado e o defenestrado pola UPG Paco Trigo, desaparezan da escena politica nacionalista cambadesa, ou alo menos do primeiro plano. Dos 10.000 votos que perdeu o BNG na Galiza, 3.000 perderonse no Salnés e máis de 400 en Cambados, indicativo de que as cousas no noso pobo e na nosa comarca non van nada ben para os nacionalistas. …”””Non teño teimas persoais de ningunha caste. Teño prevencións máis que fundadas sobra a validade ou erro de determinadas posicións nun dado momento, e sobre as funcións das persoas e a súa positividade ou negatividade o respeito do que o BNG necesita e a sociedade reclama. E para min era unha evidencia que rematara un ciclo no que atinxía á lideranza dentro do BNG, entendida mesmo o seu aspecto máis electoral ou, si ti queres, do ponto de vista do marketing. Non falemos xa do que eran necesidades orgánicas e políticas para estarmos a altura das circunstancias. Cando unha situación así se da, adoito non ter moitos miramentos a respeito do que podan decir os demais sobre as cousas da miña conduta, ou as razóns que tiñan de preocupación por muitas persoas que querían o millor para o BNG. E unha das cuestións que os denominados dirigentes deben ter presente é saber estar o tempo oportuno nos lugares nos que sexan necesarios e saber cando hai que emprender a retirada, muito máis se as túas limitacions e deficiencias no desempeño do cargo son notorias”””…. Estas son verbas de Francisco Rodríguez no libro “A nación galega existe – Conversas con Francisco Rodríguez-“ de Xosé Mexuto (pax 203 e 204). Esto deciao Francisco Rodríguez a propósito do relevo de Beiras no BNG. Os que nomei deberiades de intentar aplicarvos o conto.
Por último espero que as “gaivotas” que “voan” neste foro tiveran no que falin rescpecto do BNG unha boa ración da “carroña” para unha longa tempada.

8 comentarios:

Anónimo dijo...

una pregunta....la foto del montaje de arriba, la de la derecha...es Juanma el de la casa de tu vida??? por que es clavadito.

An dijo...

Logo imos saber o que acontece, cando menos o esperemos xa teremos a solución nas mans...as ver

Anónimo dijo...

Tourís seguirá un tempo e si, farán a xogada de relevo no poder con Aragunde. Que fora de número tres na lista, ademais de non ter demasiada importancia, débese a que confeccionaron unha candidatura "en cremalleira".
Tabuyo, segundo o meu criterio, non vai elixir se sigue o se deixa o posto, esperará ás novas do partido, que do mesmo xeito que o obrigaron a voltar como candidato decidirán o seu futuro político. Eu penso que o seu obxectivo persoal é repetir como candidato nas xerais.
E Victor Caamaño será o vindeiro candidato en 2011, porque el así o quere e porque así o quere a xente do BNG. Deste xeito percibo eu a situación.

Anónimo dijo...

victor non vai deixar, é ocandidato ideal, agora ten 4 anos pra darse a coñecer, traballar por cambados, renovalo BNG cambades e traballar na oposicion fimemente coma sempre fixo o BNG, e non dando pe aos do pp a chamarnos radicais como fan sempre, e vanno ter dificil porque Victor e un ti omoi moderado que vai saber levar o BNG cambades por onde se merece.
ANIMO VICTOR

Anónimo dijo...

eu polo menos non vexo carroña pa proveitear,nin a vexo nin a quero.ta moi ben o artigo este,e lei de vida RENOVATE OU MORRE como decia o outro.tan so decir que creo que lle sobran os insultos,respeta e seras respetado,tanto pa uns como pa outros.Na mais esperar que os novos non caigan nos erros dos vellos.

Unknown dijo...

Eu son de Ogrobe e non de Cambados pero vou opinar sobre o BNG do Salnés. Estou de acordo co artigo en que o BNG no Salnés precisa un cambio de rumbo moi urxente se non quere quedar ao nivel de esquerda unida, así mesmo estou de acordo en que as direccións locais e comarcais deben tomar seria nota do acontecido e máis de un dirixente ir dimitindo. Agora ben tampouco se pode xeneralizar xa que os que teñen o poder e toman as decisións no BNG do Salnés son Duarte,Montse Prado... o sector afín á dirección polo que non creo que Paco Trigo teña excesiva culpa cando pertence ao sector crítico. Esto é como o refrán "yo me lo guiso, yo me lo como", entón debe ser a xente que ocupa postos de dirección e poder no BNG comarcal e nalgunhas localidades os que se deben plantexar a súa dimisión.

Anónimo dijo...

Pois que eu sepa o BNG sempre foi de esquerda, non de centro como o PSOE. E eu penso que importa máis os ideales e polo que loitas, que é o que fai esquerda unida, e non os votos "gañados" a base de mentiras como o resto de partidos políticos.

Anónimo dijo...

o BNG en Cambados está mising, desde as eleccións e mira ti que non hai cousas polas que dárlle caña ao interfecto, hai cuestións para día sí e para día tamén.