27 diciembre 2006

CAMBADOS TK

Según la voz de galicia:
Os integrantes de Cambados TK propoñen retirar o símbolo franquista da igrexa de Santa Mariña.

Os responsables de Cambados TK, páxina web que se define como crítica co Concello, puxeron en marcha unha iniciativa que pretende eliminar da fachada da igrexa de Santa Mariña a placa en honor aos caídos do bando franquista durante a Guerra Civil. «Chegou a hora de rematar coa tolerancia por algo intolerable», explican nuns folletos que distribuíron por todo o municipio.
Esa e algunha outra simboloxía fascista, engaden, desapareceu dos lugares públicos, unha ubicación que consideran que supón un recoñecemento «a algo que a democracia non pode senón rexeitar». Na súa opinión, «cómpre deixar atrás vos odios predemocráticos, pero non debemos nin esquecer nunca ou acontecido nin moito menos lembralo deixando ao carón a unha parte dás vítimas daquela horrible violencia, desencadeada por aqueles a quen agora homenaxeamos desde a fachada dá igrexa parroquial dá nosa vila», explican.
Durante o pasado fin de semana, Cambados TK reparteu polas rúas do municipio uns folletos nos que informa de esta situación. «É o momento de restaurar a súa memoria. A nosa memoria», explican o tempo que critican a nova lei que sobre elo intenta aprobar o goberno do PSOE en Madrid. «Non obriga, nen sequera insta a retirar esta simboloxía a prol dunha suposta conciliación nacional», concluen.

Noraboa a Cambados TK pola iniciativa.

10 comentarios:

Anónimo dijo...

Moitas grazas! Estaremos mañá na rúa repartindo. Saúdos!!

Sr. X dijo...

por donde? a que hora? que eu tamén quero facerme cun panfleto deses.

Atentamente: Sr.X

Anónimo dijo...

Pois seguramente a media tarde (5 ou así) no entorno da Calzada. De todas formas haberá panfletos nos bares da zona -Leria, Silva, Continental...- Saúdos

Anónimo dijo...

Aínda coincidindo no fondo, discrepo na forma. Elo polo seguinte: A grande maioría dos mortos no Bando Golpista, foron obrigados se querían salvar a súa vida, e polo tanto tamén son víctimas inocentes da barbarie, agás claro está os verdadeiros culpables. Sería lóxico propor un monumento a todas as víctimas, perseguidos, fusilados, paseados e demais represaliados. Podería TK promover una iniciativa popular ó respecto e presentala no Concello, tomando como exemplo a doutros Concello veciños. Existe outra posibilidade real, toda vez que o Cemiterio e as ruínas de Santa Mariña son Monumento do Estado, pedir que se aplique a Lei do Patrimonio, pois como engadido non ten nada que ver coas ruínas no seu aspecto histórico.

Anónimo dijo...

As miñas felicitacións ó PP, pola súa abstención no Parlamento Galego no que fai ás víctimas do Golpe de Estado contra da II República, desmarcándose así da estratexia de confrontación que está a levar adiante a nivel estatal neste tema. Espero que non sexa unha cuestión de marketing electoral ou unha confusión desmemoriada.

Anónimo dijo...

Anónimo 1, estou dacordo co que dis, e mesmo do folleto non se pode tirar unha conclusión contraria. Nel referímonos á idea de que hai que sacar esa placa polos motivos que expoñemos, pero non dicimos que estamos en contra dun monumento conxunt a todas as vítimas do confrontamento. De feito, como co-autor dese artigo, podo dicirche que comparto decididamente a proposta,pero non debe ser chantar outra placa a lado da da Igrexa, como propoñía Maruxa Alfonso na súa crítica de anteonte, debe ser nun lugar que non teña relación nin cos uns nin cos outros. Respecto da iniciativa popular, ogallá que se puidera levar adiante, pero non sei até que punto é viable como proxecto da páxina. Saúdos

Anónimo dijo...

Anda a/o Notas do anónimo un tanto despistado, pois a praca está no frontal da Igrexa Parroquial, non obstante ten muita razón na cuestión da forma. No que concerna a iniciativa popular, cumpriría esperar a un desexo de relevo na Corporación Municipal e ó millor nin siquera faría falta, de resultar un goberno progresista, aínda dubidando do progresismo involucionista do PSOE e se se tivera que botar man de IpC, non sei se sería bo chimparse do muelle en baixo. Deixando aparte as miñas opinión subxectivas sobre a situación política do vindeiro, e a respecto da ubicuación do monumento, quero creer que debería de estar en sitio ben visible para que cando pasaramos ó seu carón, nos lembraramos de todo aquelo que non debíu ocorrer, así como tamén de todas aquelas persoas que foron víctimas da inxustiza. Polo que teño escoitado nalgúns Concellos hai Acordos dos Plenos para xantar o monumento no Cemiterio, eu non sei se isto é bo ou malo, sen nomes ningúns, só unha adicatoria.
Benquerido Oscar eu non leera o folleto explicativo de TK ata onte, agradezo a túa explicación e comparto contigo o que afirmas a respecto de Maruxa Alfonso.
Saúdos

Anónimo dijo...

Creo que os que vos manifestades neste blog e outros que seguro se sumaran, teñen no blog: www.ogrobeblogsopot.com cancha para opinar sobre o proxecto de lei da memoria histórica que pretende aprobar o PSOE e tamén sobre os escribidores do verso que alí se manifestan. Non obstante tamén consideraría moi interesante que aquí se abrira un debate sobre esta cuestión que non é moco de pavo, a pesar de que algunhas persoas prefiran esquecer parte do seu pasado.

Anónimo dijo...

Of course, moi moi interesante a proposición.

Anónimo dijo...

e pq retirar un "recordo" do fascismo dunha igrexa?...acaso non estiveron intimamente ligados unha mailo outro durante os anos de represion?...non van os seus ideais "tomados de la mano"?...
por outro lado non credes que e un pouco inxusto, a vez que neglixente retirar a simboloxia do pasado, sexa da natureza que sexa?...na minha opinion o feito de que quede constancia do que foi unha masacre moral, intelectual, cultural, social, en fin, algo que nos deu totalmente polo cu, e tan importante como recordar os grandes heroes da historia...e considero que necesitase tanto loubar a estes ultimos, coma odiar a aqueles que contribuiron o primeiro...precisamenter se falamos de memoria historica e para non olvidar, sexa bo ou malo...ou acaso eliminamos os malos recordos na nosa memoria persoal?...non e certo que os necesitamos pra afrontar novas situacions adversas?...