Rodríguez reclama melloras para Castrelo e pide que se lle identifique como edil do PG.
O ata agora concelleiro da agrupación Independentes por Cambados, Álvaro Rodríguez, solicitou ser recoñecido a partir de agora como concelleira do Partido Galeguista despois de que IPC integrásese nesta formación de face ás próximas eleccións municipais do mes de maio. Deste xeito, o edil pide que esta nova denominación conste en todos os documentos oficiais remitidos polo Concello.
Candidatura.
Por outra banda, o Partido Galeguista presentará este sábado ao candidato da agrupación para as eleccións municipais de maio. Xa o fixeron previamente os socialistas do PSOE con Domingo Tabuyo e os nacionalistas do BNG con Víctor Caamaño. Agora só falta que o PP faga oficial o nomeamento de Cores Tourís.
7 comentarios:
Mortadelo o que debería de facer por respecto ós seus votantes e non facer transfuguismo: seguir como ata agora, despois de finalizado o seu mandato pode facer o que lle pete.
primeiro queria ser falanxista, logo de esquerda unida,mais tarde independente ou IPC-menudo mone, mais parece un imposto- e agora? di que galeguista.....QUE LIO TEÑO
Pero este non vive en Poio?
Eu tamén quero ser dos de Chesqui. Son unha panda do máis "in". Creo que habería que estudiar e iso tamén se debería de dar nas nosas Universidades, ¿ como é posible que este fato de ..... poida ter as siglas do PG, un dos precursores do nacionalismo actual?.
Non lle dou vento. Ó meu colega Mortadelo: "Dime con quen andar e direchei o que eres".
Eso de que llechamen concellal do PG e legal? Porque se supón que a xente que o votou votou a IPC, non lles poden dicir a eses votantes agora que votaron a outro partido, eu con este home flipo...
E ver si alguén me pode dicir si eso se pode facer.
Seguira no IPC (que non é o mesmo que o Índice de Prezos o Consumo), pasaríase ó GM (Grupo Mixto sendo el sólo- a verdade é que non ten moito sentido, pois mixto non reflicte que poida ser un, en fin, ista é o amaño legal segundo a lexislación), o que xa é legalmente imposible e súa adscripción no Concello ó PG, outra cousa ben distinta é que a nivel público e incluso con isa doble militancia IPC-PG, se poida mover. ¿Terá o IPC algún tipo de regulamento interno que non permita este xeito de transfuguismo?. O dubido. Pero o que sí é de cabeza ós pés é un tránsfuga, a pesar de que o seu paso dunha agrupación electoral a un partido político non lle acarreara mérito ningún, nin beneficio.
De ser certo que vive en Poio, ademais de tránsfuga sería paracaidista. Menudos méritos!.
Publicar un comentario