17 abril 2007

Unha intervención de Trigo forza a suspensión do coloquio sobre os disturbios do 86.

A iniciativa comezou ben, conseguindo un cheo no centro comarcal Exposalnés, pero rematou rodeada de polémica. O foro dixital A polo kambio escollera o sábado pasado, 14 de abril, para exhibir, por vez primeira na historia dos últimos vinte anos en Cambados, o documental sobre os disturbios desencadeados a raíz da suba da contribución de 1986. Unha concentración que rematou coa invasión da Casa Consistorial e marcou a fin do goberno de Unidade Galega, hoxe integrada en parte no BNG, que perdeu a alcaldía nos comicios municipais do ano seguinte.

Á cita foron invitados todos os candidatos, dende o alcalde, o popular Xosé Manuel Cores Tourís, ata Álvaro Rodríguez, do Partido Galeguista, pasando por Víctor Caamaño, do Bloque; Domingo Tabuyo, do PSOE; e o propio Xoán Antonio Pillado, rexedor no momento no que se desenvolveu aquel decisivo enfrontamento, que os nacionalistas cambadeses atribúen aos responsables da entón Alianza Popular.

O feito é que o salón de actos de Exposalnés estaba repleto para asistir á proxección. Rematada esta, logo de aproximadamente corenta minutos de metraxe, a organización deu paso a un debate que non chegou a rematar.

A razón foi a intervención do ex deputado e histórico dirixente do BNG, Francisco Trigo. En ton lonxano ao conciliador, Trigo fixo toda unha serie de reproches que, malia non citar nomes, levaban un enderezo evidente. O socialista José Daporta, presente na sala, ou xente de Unha Grande Chea, asistentes tamén ao pase, foron algúns dos destinatarios. Vendo que o tenso ambiente non diminuía, A polo kambio optou por dar o coloquio por finalizado.

15 comentarios:

Anónimo dijo...

o que non din os da voz é que o único candidato que acudiu foi Victor Caamaño

Anónimo dijo...

Paco doulle caña a moitos falsos que presumen de progresistas. Por eso se cabrean.
Se gaña o Bloque, ímoslle subir a contribusión só ós do PP. E ós do Psoe que tamén son fachas.

Anónimo dijo...

O ton de Paco Trigo foi o de sempre, a cuestión foi o alongamento da súa exposición (excesiva) e tampouco tería pasado absolutamente nada se a quen ían dirixidas as súa palabras (no caso dalguns elementos do PSOE, (coincidentes coa realidade que pasou) aguantaran e puideran retrucar as súas afirmacións. Ao remata diso se trataba dun debate de ideas donde debe de existir contradicción entre as partes e quen mellor expón as súas teorías, hipóteses, afirmacións, razóns e quen en realidade convence, quen abandona o enfrontamento dialéctico, fuxindo do debate e non ten nada que dicir é o grande perdedor.

ccccccc dijo...

Un saludo desde Villalba. Y muchas gracias!

Anónimo dijo...

O señor Trigo, sabe que a esa proxeci´´on e posterior debate non benefician nada o BNG, senonque e remover un pasado q a todos eles lles gostaria esquezer; a decir verdade o Sr. Daporta teria moito que decir de canto tiñan eles que pagar e como en aquel entonces a sua nai que foi concellala do PP arremetia contra os que en aquel entoncs governaban; polo tanto o Sr. trigo ten toda a razón que ahora estos se sumen o carro dos progres, polo feito de que a casa donde ahora esta exposalnes levaraos a un enfrentamento co PP por querela desfacer.. etc etc.

Anónimo dijo...

Non lle quito razón o comentario anterior, nin lla dou. Pero non me negaredes que non tivo mil e unha ocasións de decir o que dixo en multitude de mitinis que dou, e nunca o dixo ¿Por que? El o sabrá, o que si estou seguro que el reventou o acto e os chavales non se lles fai eso. Pero claro agora como está fora do BNG larga a diestro e siniestro. E si tan bo rapaz é Paco Trigo, porque o seu pobo nunca o votou, porque non colle a Pepe Daporta cara cara a llo di, porque simplemente e unha exhibicionista e gustalle facelo diante da xente. A ver si agora resulta que vai ser admirado ata polos do PP.

Anónimo dijo...

Non entendo cómo a xornalista da Voz de Galicia (cambadesa por certo) pudo facer unha crónica do que aconteceu en Exposalnés. Eu mesmo vin cómo chegaba uns minutos despois de que o acto rematara. Filtracións interesadas supoño, porque que eu sepa P.T. non forzou suspensión algunha. Extendeuse de máis, sí; cebouse en demasía con P.D., tamén; e incluso lles arreou duro a U.G.CH., sabémolo todos. Pero ningún deles mediou palabra nin para afirmar nin para negar a Paco. E coido que tanto uns coma outros tiñan moito que dicir en canto á manifestación, pois todos eran partes implicadas. A saber: Paco no concello, Pepe na depuradora e U.G.Ch.... algúns dos seus "amigos" figuraban nas 3.000 altas das que falaba Paco.

Anónimo dijo...

Diego podesme aclarar eso das 3.000 altas,gracias e un saúdo

Anónimo dijo...

Dixen que non ía falar máis do asunto. Remitovos a Cambadostk.
Un saúdo.

Anónimo dijo...

Paco Trigo en absoluto está fóra do BNG, é militante, e máis Membro do seu Consello Nacional.

Anónimo dijo...

Diego Rial Giraldez dixo: "...U.G.Ch.... algúns dos seus "amigos" figuraban nas 3.000 altas das que falaba Paco."
Gustarianos que nos aclararas esto querido amigo Diego. Voucho aclarar a ti e a todos Paco ten contra UNHA GRANDE CHEA unha espiña clavada dende que a comparsa lle fixo a Canción "Se va el Caimán" (que por certo foi das mais fortes da nosa comparsa), que por suposto non é o intre de poñela en audicción da nosa páxina porque non somos tan rastreros, pero si nos das un correo facemocha chegar, ou olleala no noso libro ou escoitala do noso disco que se pode baixar do do e-mule. Nunca aceptou esa canción dende esa tenos debaixo dun dente.
Como ben sabes querido amigo U.G.CH é un ente e como tal non pode ter amigos, si cada un dos seus compoñentes e nos non estilamos decirlle a xente con quen ten que andar , por eso non podes meter a todos no mesmo saco.
E por último decir que U.G.CH non ten ideoloxia, si evidentemente que na forman como en todos colectivos e hai de todo, non evadindo a realidade de que un gran número somos simpatizantes nacionalistas para tamén hai xente do PSOE e algún outro do PP. Non coido que a estas alturas nos vaian catalagor como do PP, ou por facer un acto en ZAo nos vaian catalogar do P.S.O.E.
Nos queriamos deixar rematado aqui o tema que coidamos queda suficientemente aclarado.
ASINA: UNHA GRANDE CHEA
[img]http://tbn0.google.com/images?q=tbn:fYU50XZB_IvNnM:http://tkfiles.storage.msn.com/x1pPHu2K6HCG6piu332YbG0DKviN7qD0DNFHKRMfD0WE2BvFlT3NpuWZ40FDilqAVvnk5BeHO0uPiUWtL7Re5Bka7CxADOx2iGKIqi5PI3uQB0[/img]

Anónimo dijo...

Se vitor tivera un pouco de carácter, pero está máis apirolado que Roque. Quen dirixe a campaña do Bloque? Non vos dades conta de que recordar o follón da Urbana favorece ó PP. Daquela houbo subidas espctaculares do imposto e o bloque levou as culpas. Tivera ou nun tuvera culpa, o caso é que a xente creeuno así e moitos aínda lle teñen medo a que o bloque suba os impostos. Falar da Urbana para o Bloque e como si o PP falara do Prestige ou das vacas tolas en campaña electoral.

Anónimo dijo...

O autor do anterior comentario anda bastante despistado, xa que o visionado do documental da "urbana" non foi organizado polo bloque,e Víctor asistiu invitado pola organización. ¿Quen é o apirolado entón?

Anónimo dijo...

Estou de acordo caso na súa totaliade co 17.05.00 (20/04/07), salvo as dúas primeiras frases. Que UNIÓN GALEGA non tivo a culpa está claro, que se lle cargou o moucho tamén e iso faino moi ben a dereitona. Que o acto non o organizaou o BNG tamén está claro pero tamén puido incidir de xeito negativo de cara a rúa e por engadidura no BNG. Estou co que afirmou un dirixente local do BNG, falar disto despois de máis de vinte anos non ven a conto e é unha publicidade negativa para o BNG.

Anónimo dijo...

Si hai algo peor nada vida das persoas e agochar ou enterrar a súa historia. A min personalmente pareceme que os rapaces que organizaron o acto merecen un 10 e Paco Trigo deberialles de pedir perdon e os que falades aqui animalos a fecer máis actos e non a fundilos animicamente. Despois quixase a xente de que unico que saben facer e "Botellons" , tendo críticos coma vos dende logo vai ser mellor dedicarse os botellóns.