24 enero 2008

DIMISIÓN OFICIAL

Según La Voz de Galicia:
O cabo da policía cambadesa asumirá o posto do sarxento.

A medida será temporal ata que se saque a concurso a praza de suboficial.

A marcha do sarxento da Policía Local de Cambados xa é oficial. José Manuel Duarte confirmou á comisión de goberno do municipio o seu cesamento voluntario, que se fará efectivo o próximo 31 de xaneiro. A partir de entón será o cabo da policía, José Antonio Padín, o que asumirá o mando de forma temporal. O Concello non quixo aclarar onte se volverá sacar a concurso unha praza de sarxento interino ou se esperará a que os tribunais resolvan o conflito aberto con Maximino Cid Ferro. Padín xa se fixo cargo do persoal da policía local en anteriores ocasións. Durante anos foi o responsable do corpo, mentres non se cubrían as prazas de sarxento convocadas polo Concello.

O cabo volverá agora a asumir o mando, ocupando de forma interina a praza de sarxento. O que o Concello non quixo aclarar onte é como se resolverá a situación dos novos mandos da policía cambadesa. Hai que recordar que a praza de sarxento está pendente de que un tribunal decida se concederlla a Maximino Cid Ferro, o opositor que denunciou irregularidades nos exames para ocupar este posto. Por iso o Concello contratara, de forma interina, a José Manuel Duarte como sarxento. O alcalde, José Manuel Cores Tourís, non quixo aclarar se esta medida repetirase ou se o Concello esperará a que os tribunais decidan se Cid Ferro debe ou non incorporarse como sarxento de Cambados.

Doutra banda, o Concello está tamén pendente de sacar a concurso unha praza de suboficial da Policía Local, mando que estaría por encima do do sarxento. Con todo, este proceso tamén está en mans dos tribunais xa que o propio Ferro presentou un recurso contra as bases que rexen o proceso de selección.

Este é xa a segunda demanda que Cid Ferro presenta contra o proceso de selección. A primeira vez, o Concello deulle a razón e cambiou as bases da convocatoria. Agora, haberá que esperar a que resolvan os tribunais.

Felicitación a Duarte

O equipo de goberno de Cambados non quixo deixar pasar a ocasión de felicitar a José Manuel Duarte polo labor levado a cabo no municipio. Así, ao coñecer a noticia de forma oficial, a comisión de goberno destacou o labor levado a cabo polo sarxento cambadés no tempo en que exerceu a xefatura. No acta da sesión recóllese o agradecemento a este oficial polos servizos prestados. José Manuel Duarte deixará o seu posto na policía cambadesa o próximo 31 de xaneiro para reincorporarse á súa antiga praza en Pontevedra.



4 comentarios:

Anónimo dijo...

Pois menudo animaliño,camba2 vai a peor

Anónimo dijo...

Pobre home. NOn sabe o que ñe ven enrriba. ¿ou si o sabe? Penso que non. Eu de ti colleería unna baixa por depresión ou anque sea por locura, porque garantizoche que te vas a volver loco con esa xentiña. Ten coidado que non che fagan a cama como xa lla fixeron a outros anque lles esta ben porque antes daban a vida dpor eles !Animo e desexolle sorte que seguro que ñe vai a facer falta.

Anónimo dijo...

El sabio puede sentarse en un hormiguero, pero solo el imbécil se queda sentado sobre el.

Duarte: Supongo que cuando una persona toma la decisión como la que tu has tomado, ya habrá barajado todas las opciones en su vida profesional. !Supongo! En cualquier caso lo que nadie, nadie puede negar es tu valía profesional como lo has venido demostrando dia a dia en tu trabajo. En verdad creo que no te merecen ya que, sacando a un par de ellos ¿ onde vas...? Espero que te vay bien en Pontevedra y ya se que no te vas a quedar como estabas, ya que tienes un futuro prometedor, siempre que cuente para algo el trabajo que has echo en este pueblo.

Anónimo dijo...

eu non sei quen escribes todas estas parvadas pero non e moi listo ou non coñece a policia de cambados.
O problema sempre foi o cabo o primo e algun vendido mais (ese que algun dia chegou a estar expedientado)e agora o interino este que o unico que fixo foi colacarse uns galóns e ir fardando por ahí, xogando a ser xefe.
Agora tense que ir, e non é ningun profesional, por que un profesional, non vai por ahí falando mal dos seus propios compañeiros, nin dos xefes anterires, tampoco vai expdientando os guardias para quedar ben diante de Touris, nin vai por Ponteedra ensinando informes dos seus guardias. E sin ter en conta que esta cubrindo unha plaza de forma ilegal, que quere que lle quiten otra de suboficial de forma ilegal, etc etc, e otras cousas que non se poden contar, ainda que, quen sabe algún día.
E non fixo nada por este Pueblo, so aproveitarse de catro e inflar os cambadeses a denuncias, "TERRA SANTA" DISQUE