16 marzo 2007

Touris convoca a polémica praza de suboficial da policía.

O equipo de goberno de Cambados deu o visto bo as bases para sacar a concurso unha treintena de postos de traballo nas oficinas municipais. A medida xa foi anunciada fai un ano, cando se deu a coñecer a relación de postos de traballo que se iban a crear no Concello. Entre elas figura un reforzo dos mandos da Policía Local, coa contratación dun suboficial e de un cabo. A convocatoria de toda-las prazas levantou certo revuelo nas oficinas municipais. Os traballadores critican que o equipo de goberno nin siquiera consultou as bases co seus representantes sindicais.

Tampouco a creación de novas prazas na policía cambadesa estará exenta de polémica. Non hai que olvidar que na última convocatoria da praza de sarxento terminou nos tribunais, despois de que un dos aspirantes, Maximino Cid Ferro, denunciara irregularidades na celebración dos exámenes. Ata agora, os xuzgados lle deron a razón e por elo son moitos os que ven nesta nova convocatoria un intento por evitar que Cid Ferro poida algún día facerse cargo da policía, se os tribunais así llo determinan.

Sen embargo, desde o Concello insisten que a medida obedece, únicamente, nun intento por reforza-la cadea de mando da Policía Local. De feito, reiteran, ademais da praza de suboficial crearase outra de cabo, tal e como recomendou o estudo realizado po-la Universidade de Vigo.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

¿para que convoca estes concursos, si total vaille dar a praza a quen lle saia dos collons?

Anónimo dijo...

Iso, e se non que lle pregunten a Ricardo R. que pasou de ser un simple albanel a inspector de ruas do concello (a díxito), mentras outros aspirantes tiñan que demostrar a suas valías inutilmente e perdendo o tempo por algo que xa estaba amañado, e así moitas mais, si a familia, amigos e achegados do partido estan colocados, simplemente dan nauseas estos PPitos

Anónimo dijo...

o 27 de maio poñede cambados no seu sitio.
o alcalde na casa , o futuro suboficial, dirigindo o trafico en Pontevedra.
e o que se ganou a plaza de sargento, facendo o propio do seu cargo, pero cun alcalde merecedor do seu povo.

Anónimo dijo...

Las bases de suboficial no e ajustan a la legislación de policías locales de Galicia. Por ejemplo en cuanto al baremo de méritos, al tipo de selección... etc.. Tourís lo sabe. Duarte lo sabe. Los sindicatos lo saben. Los partidos políticos de la oposición también lo saben. La pregunta es, ¿van a recurrir las bases de la convovatoria o van a "tragar" tanta corrupción?... Solamente es una plaza de JEFE DE LA POLICÍA LOCAL DE CAMBADOS...¿?

Anónimo dijo...

Todo o mundo sabe que as bases non se axustan a legalidade....., E que o baremo de meritos o puxo o Sr. Duarte, e unha vergonza que nadie faga nada....preguntome que lle dará os Políticos de Cambados para telos tan !abraiados!...ou será que o Sr. Touris preparase por se ten que admitir o Sr. Cid Ferro, ese que leva anos loitando contra todas as inxusticias, ese que aprobou unha oposición de forma legal e que agora o queren liquidar de forma ilegal e pola porta de atrás... ¿e digo eu? ¿o sr.Duarte, non lle caera a cara de vergoña despois de todo o que lle esta caindo? !vaiase sr. duarte!!vaiase!.....

Anónimo dijo...

Duarte e Touris dimision!!!!!!!!!!