01 marzo 2007

Policía Infantil

Según La Voz de Galicia:
A futura policía infantil
01/03/2007

O Concello de Cambados comezou a impartir nocións de seguridade vial a Publicidade A Policía Local e o Concello de Cambados son moi conscientes de que os nenos de hoxe son os condutores do mañá. Por iso ningunha destas entidades dubidou á hora de poñer en marcha unhas novas xornadas de seguridade vial. Nelas, os máis pequenos poderán aprender a normativa de tráfico e, sobre todo, a importancia de respectala. Esta parece ser o único xeito de contribuír a reducir os accidentes de tráfico que tantas mortes ocasionan cada ano. Primeiras clases As xornadas de seguridade vial comezaron onte no centro cultural de Corvillón coas leccións teóricas. Están pensadas para estudantes maiores de seis anos que, por agora, comezarán por aprender a diferenciar cuestións como os sinais de tráfico. A iso dedicáronse onte os rapaces de Corvillón e, moi pronto, poderán facelo os de las demais parroquias do municipio. En todos os centros culturais, incluído o da Mercé, se impartirán estas leccións. As clases teóricas prolongaranse, polo menos, ata o mes de abril. Todos estes cursos non son senón unha preparación para as xornadas finais que se celebrarán, previsiblemente, durante as próximas vacacións de Semana Santa. Nestas haberá tamén novas leccións teóricas, que se centrarán no uso da bicicleta por ser este o medio máis utilizado polos pequenos. Aprenderán as normas básicas para circular e poderán participar nun pequeno taller no que se explicarán aspectos técnicos sobre as bicis. Ademais, os alumnos poderán poñer en práctica os seus coñecementos nun circuíto de habilidade. Tamén haberá xogos sobre a seguridade vial. As xornadas inclúen unha recompensa para os que demostren ser os alumnos máis aplicados. Os elixidos poderán vestir un uniforme similar ao da Policía Local e axudar aos axentes de verdade a patrullar as rúas durante os días de verán. Aí si que poderán poñer en práctica todo o apreso. Ademais de impartir clases sobre seguridade vial, o Concello programou outros cursos para este inverno. Así, en breve iniciarase unha nova edición do curso de linguaxe de signos. O ciclo inaugurarase o vindeiro sábado ás cinco da tarde no centro da Mercé, onde os asistentes poderán aprender a comunicarse utilizando esta linguaxe.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

tamén lle van a ensinar a ser corruptos?...

Anónimo dijo...

Sen comentarios para esta persoa tan positiva... ela mesma se define.