Considero que é de auténtico escándalo o estado da rúa Carballeira, a que vai dende o colexio público de A. Magariños ata o barrio de San Francisco. Atópase en estado de ruínas dende o día que comenzaron as obras do edificio sito enfrente do auditorio, e creo que se nos dixo que cando remataran as obras a empresa constructora (atención pregunta ¿quen ten parte nesa sociedade?) faríase cargo do seu arreglo. Os pisos xa están vendidos e a rúa segue bacheada, agrietada (fixeron un remendo hai xa moito tempo por medo de derrumbe) e da pena vela. Supoño que estarán esperando a que a xente se olvide, ou a que alguén rompa un tobillo ou un coche revente unha roda.
Marcus Curtius
06 marzo 2007
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
9 comentarios:
Es un escandalooo, es un escandalooo!. como el Rafa
Probade os amortiguadores por Cortiñas de Abaixo ou tamén da pista que vai por debaixo da vía de alta capacidade cara A Modia (dereita e despois esquerda), aquí abrirón a pista pola veira e así está desde fai seculos, ou tamén cara a Igrexa de Corvillón. Vos veredes.
Que veñen, que veñen as máquinas da Deputasión nas elesións.
Isto é máis que un escándalo!! Para min é vergonzoso que se poñan a arreglar as calles cando chegan as eleccións municipais. Pensan que así van a captar máis votos? Co carallo do edificio de detrás do auditorio fixeron unha porquería,primeiro tocoulle a rúa que sube do videoclub vilariño e posteriormente a de diante, onde están os garaxes (agora din que vai ser semipeatonal). Cambados é un desastre...pero as parroquias están peor!!
Touris dimision!!!!!!!!!!!!!!!!!
E o que temos non hay mais, a roela, pero o facha de barbas saca peito pra diante con sua corbatiña pija como quen "eu son quen manda",
si fora a plantar puerros que e o seu.....FORAAAAAAAAA!!!!!!!!
están quedando as ruas estupendamente, agora que deixou de chover estanas asfaltando todas.QUEDAN MOI BEN
aqui a verdade e que da vergoña, espero que plantar puerros ou outros traballos do campo son tan dignos como o que mais; case que todos o pais de calquera de nos o faí e ademais comemos delo forma parte da nosa economía non podendo considerar este oficio como un insulto ou unha baixesa. OS AGRICULTORES O IGUAL QUE OS MARIÑEIROS TEÑEN TANTO DEREITO OU MAIS QUE CALQUERA OUTRA PERSOA QUE POIDO ESTUDIAR GRACIAS A QUE OS SEUS PAIS POÑIAN PUERROS.
Eu non teño nada contra os agricultores ou mariñeiros, todo o contrario merecen o meu respeto e a miña admiración, pasa que endesteches mal, o que digo e que o barbas como dirixente do concello faino mellor plantando puerros que tomando decisions sin diálogo e si o hay non ten enconta os pros e os contra da oposición para o benestar do pobo, o lema de el e, aqui mando eu con razón ou sin ela, típico do PP desde da era de Pakito Franko.
a verdade e vergonzoso, neste pobo so se pensan nas festas e conseguir alquilares mais sitios para mais estans e o ayuntamiento encher as arcas, pero no contan que os comercios que estan todo o ano e pagan todo o que se lle vota por debaixo da porta non se pensan neles, como cortar calles na festa do albariño, podianna levar pa tragove e deixar que os comoercios traballen como calquer dia do ano
Publicar un comentario