07 marzo 2007

Proteste Xa "Praza de Sarxento"

SARXENTO DE CAMBADOS. TRIBUNA DE OPINIÓN

Pase que a maioría da xente non repare no que está pasando, tal e como está o mundo e as cousas que se ven, e tampouco imos pretender gañar un protagonismo inhumano.

Pase que todo se intente arranxar pola porta de atrás, que o poder intente manterse “nese” poder a costa do que sexa, que aquí sempre teñan que se-los mesmos os que se saian coa súa, que non se respete nen a máis mínima garantía de igualdade de oportunidade… Cantas cousas teñen que pasar…

E aínda así hai que recoñecer que sí pasan cousas; certo que tan paseniñamente, que semella que non, que non se moven, ou se o fan é cara atrás. Polo menos neste caso, o das oposicións á sarxento do concello de Cambados, xa non todo é como se pretendía que fora, tras seis longos anos fóronse clarexando escuridades, comportamentos cheos de vergoña levados a cabo “polos membros do tribunal calificador da oposición a sarxento-xefe da policía local de Cambados” (enténdase o Sr. Tourís, Sr. Torres, Sr. Domínguez e compañía).
Pero aínda que quedan máis no tinteiro da xustiza, pese o traballo escuro do letrado do Concello de Cambados, que segue interesando que non vexan a luz con transparencia e claridade. Vaise facer unha proba pericial pese a súa oposición, ¿acaso hai algo que esconder?

Ás veces parece inxenuo que un siga crendo nos mecanismos que a sociedade democrática pon ó noso dispor a través das administracións públicas, neste caso do Concello de Cambados, para sentírmonos defendidos e protexidos. Digo inxenuo porque vendo o uso que despois se fai destes medios, a boa idea da orixe convírtese nunha parafernalia sen máis. Sobre todo se optamos por deixarnos levar, de xudicializar todo o que se mova para enfriar o asunto da praza de sarxento, de abusar do poder…

Quizais porque a un sempre lle ensinaron que cando algo é dunha determinada maneira debería ser así en tódalas circunstancias semellantes, tanto no Concello como no xulgado, por iso estou aquí.
Nembargantes no que no Concello e de cor negro no xulgado ata o de agora foi branco, ¡eso si!, moi paseniñamente e facendo falla catro sentencias de distintos xulgados de Pontevedra e Coruña. O bó de isto e que polo menos vaise coñecendo os rexidores actúais de Cambados por Galiza adiante, inda que os gastos públicos (si, si, os que pagades os cidadáns de Cambados contribuíndo cos vosos impostos) daban para unha boa campaña de “marketing”.
Tourís, Domínguez, Torres, Norberto e cía seguen empeñados en seguir ata o final, o seu orgullo e que os cartos co que afrontan tal envite non saen dos seus bolsillos, parecen eixes fundamentáis.. Por iso viñeron coa historia de “segundo o cristal co que se mira as cousas son ou non son…” e alá foi o invento…, porque esta segunda parte só ten un problema: o feito de que non nos queren deixar ollar libremente polo noso cristal e todo ten que ser dun color imposto.

Cecáis istes anos de loita e gastos xudiciais sexan inútis pola miña parte, pero quédame a ledicia de haber feito algo útil para cambiar certos comportamentos, por facer algo que moralmente e xusto. Agardarei o final do conto para facer unha valoración persoal dista triste historia inda que quero dende eiquí darlle as grazas as poucas persoas que me apoiaron incondicionalmente desde o principio, sobor de todo cando todo se presentaba costa arriba.

¡Bueno!, pois por ahí sí que non paso, xa ven, e dende aquí defendo o meu dereito a mirar, a opinar e a defenderme cando vexo vulnerados os meus dereitos sen outra alternativa. Porque se deixamos pasar iso, sí que pasa algo moito máis grave. Aínda así, e pase o que pase co informe pericial e ca sentencia, gracias por escoitarme, por interesarte e por adicador o teu tempo a leer isto.

Maxi.

17 comentarios:

Anónimo dijo...

Digo eu: que titulos teñen o Touriz, Dominguez e outros da mesma "raza" para examinar sobre un tema así, si un plantaba puerros e o outro era taxista, con que dereito poden afirmar a valía de una persona para un posto de certa responsabilidade, ou o que manda manda e o resto a pagar; o que vexo e que si se van a repetir os examenes que sea po lo menos alguien neutral de bandeiras se non estamos na mesma cousa.

Anónimo dijo...

o problema e que estes levan tantos anos mandando enCamabdos que pensasn que Cambados é deles, e iso non o vamos a permitir

Anónimo dijo...

ALTO CARGO DEL BNG EN LA XUNTA DE GALICIA
Antón Losada despide a su asistenta sin indemnización mientras presenta campañas por el reconocimiento del trabajo en el hogar. ¿QUE VOS PARECE ESTO?.

Anónimo dijo...

Este non era o que queria pechala garderia por que non cumplia, o primeiro que non cumple e el.

Anónimo dijo...

Non vexo que ten que ver algún cargo da Xunta do BNG cos caciques políticos d Cambados mmbros do tribunal da praza de sarxento.. Si é certo ámba-la dúas cousas están mal. Tourís un prepotente e o outro tamén.

Anónimo dijo...

Documento.- Losada resposta

O secretario xeral da Vicepresidencia, Antón Losada, remite un comunicado dando resposta ás acusacións feitas polo PP sobre as presuntas acusacións da súa ex empregada do fogar…

http://galiciaconfidencial.com/?p=1672

Anónimo dijo...

estes do PP en lugar de traballar por nos, o unico que estan a facer e o imposible para conseguir outra vez o poder e seguir enriquecendose. Traballen mais e deixen de criticar, como o outro dia, que o PPdeG critica que as autovias sexan de pago cando foron eles mismos quenes as privatizaron TODAS. que ipocritas

Anónimo dijo...

e ¿porque as privatizaron si eso perxudica ao cidadan galego? porque se beneficiaban eles mesmos, ¿ou de quen pensaes que son as autopistas?

Anónimo dijo...

Un pode ser subxectivo nas súas formulacións, opinións, argumentacións, hipoteses e máis do que se lle queira chamar, pero hai datos obxectivos no famoso expediente X, o da praza do Sarxento da Policía Local, como é posible que personas que non teñen titulación ningunha poidan examinar a outra para a que se precisa dunha determinada titulación?. É certo que a Lei permite ó Alcalde esa exención, pero a das demais personas designadas non incumpreu a Lei?. Outra cuestión obxectiva, como é posible que os compoñentes do Tribunal designados como integrantes da Admón. aprobaran o exercizo do Sr. Cid, mentras os políticos do PP o suspendían?. Eu de ser o sr. Cid houbera recusado ó Tribunal por enemistade manifesta, polo menos para facer o 5 exercizo. Ao parecer son cualidades da persona designada como perito a honestidade e integridade, eu desexo e espero que cumpra segundo o seu leal saber e entender coa súa función, sendo ecuánime e xusto na súa peritación.

Anónimo dijo...

Dentro de pouso por arte e gracia do sr. Cores Touris (PP) van ser máis os oficiais e suboficiais que os número da PL., ¡ mimadriña se el tivera que pagar do seu peto!.

Anónimo dijo...

Ecercer os dereitos cos cales se dota unha sociedade democrática non só é cuestión de asunción dos mecanismos correctores para paliar as inxustizas que se dan pola interdicción arbitraria das Admóns. e Poderes Públicos e de quen están ao goberno desas Administracións, e tamén o froito do civismo educacional e pedagóxico de que nunha sociedade democrática determinados valores deben de ser defendidos como algo consustancial a ese sistema. Debe de ser visto como un exercizo de normalidade contra determinados comportamentos que non deixan de ser un cancro enquistado que afoga, que pervirte a razón de ser do propio sistema. O que é normal noutros países civilizados e de cultura plenamente democráticos, desgrazadamento en Galicia non ó é, porque determinados estamentos queren ter vasalos serviles, non cidadáns de plenitude libres que exerzan os seus dereitos, de aí que eu sempre afirme que o PP non ten cultura democrática e se atope na época cavernaria a anos luz da dereita democrática europea. Cando se decaten que xa non vale añorar o pasado, que teñen que mudar nas súas formas e comportamentos, saír da fosilización, que vivimos nun presente que nada ten que ver co que eles predican, daquela falaremos...
Vai por ti Maxi para que sigas a exercer esa dignidade que nunca debemos dar por perdida.

Anónimo dijo...

Que sorriso o que estes días determinado medio de comunicación nos está a por do grande benefactor Cores Tourís (bis repetitivo). Despois de milenios de cara sosa, de impresión dura e seria a modo dun malo dunha mala película de spaguetti western, se nos tranforma cual Jekill e Mr. Hyde en sorriso amable (o extrano de todo iso e que incluso sabe sorrir) eu pensei que só os de sempre tiñan cornos, maís tarde descrubríuse que todo era mentira pois os cativos afirmaban que os de sempre non tiñan cornos nin rabos, co lóxico desconcerto do autores da grande trola como diría Manolo Rivas. Adiviña o sr. Cores Tourís o que pode pasar ou o que con toda probalidade lle vai pasar?. Ten aí o seu dilema personal e os postos de non ser Alcalde sónche ben poucos.

Anónimo dijo...

O boletín da Provincia da pasada semana trae unha ¡sorpresa!. A Relación de Postos de Traballo do Concello de Cambados. Isto é: A praza de Duarte-suboficial, a de letrado- Norberto... e varias máis de premios de sumisións.. Noutras palabras, parece que preparan o terreo por si acaso nas videiras eleccións de maio perden o governo dea alcaldía, e claro, hai que deixar "colcados os amigos".. goste a quen lle goste.
E a miña pregunta é: ¿qué fan para evitalo os partidos políticos da oposición?

Anónimo dijo...

¿Que faran con os postos a dedo como Camareros,Xepetos rodiños etc...

Anónimo dijo...

¿Qué farán?... ¡non quero nin imaxinar?... o pior o que fan algúns cos inmigrantes.. ¡EXPLOTALOS!...

Anónimo dijo...

Non, explotalos non, obligaránlle a pegar cartéis do PP, diranlle que non teñen culpa de que ... ¡ QUÉ CULPA TEMOS NÓS DE QUE OS NOSOS FILLOS SEXAN OS MAIS LISTOS! (Manuel Fraga, 2004)... Dirálle que os peóns naceron sendo fillos dos peóns, os mariñeiros de mariñeiros, os médicos de médicos (RERROCEDENDO O PASADO MAIS RANCIO).. os fillos dod mestres eran mestres, os dfillos de panadeiros, panadeiros...incluso os fillos dos curas tamén eran curas..
¿to isto para qué?.. para decirlle a Tourís que se vaia, que dimita, que é un corruppto que quere ter un sarxento a súa medida.

Anónimo dijo...

Vayasee "Sr" Touriz vayaseeee!!!
pero yaaaa.