01 marzo 2007

Tourís reta a Xustiza

Según O Diario de Arousa:

Tourís reta a Xustiza a pedir a Magistratura á marxe do proceso electoral

O alcalde de Cambados replicou onte ao director xeral de Xustiza que non existe desidia por parte dos concellos no tema da Magistratura específica para Ou Salnés pero lle recordou que carecen de competencias na materia. Cores Tourís culpou a Xustiza da "frustración social" existente tralo escaso eco rexistrado pola petición dos Concellos de Cambados e Vilagarcía, referendando unha petición da Fundación Galega contra ou Narcotráfico. O regidor cambadés instó á Xunta a liderar a petición da Magistratura ante o Ministerio á marxe do proceso electoral que se aveciña, aínda que advertiu que a programación dun cuarto xulgado para Cambados sexa o argumento esgrimido para frear a Maxistratura. Ironizou ao afirmar que este sería o gran logro de Tabuyo "aceptar un caramelo no canto de levar a cabo a Maxistratura".

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Tourís como a grande maioria do do seu partido (PP) non ten neste tema moito coñecemento de causa, fala de fútbol e nin siquera coñece o regulamento, sí ten coñecemento por arte e por parte doutras cousa, desta ten tanto coñecemento como o seu Ex-Xefe Aznar sobre Irak. É lóxico que o Consello Xeral do Poder Xudicial non se pronuncie a favor da Maxistratura por evidentes razóns: carencia de ratio poboacional, porque daquele cando se alporizou o galiñeiro a creación da Maxistratura ía beneficiar a un personaxe concreto, e na Xustiza os cargos son por antigüedade (coa excepción dos de designación política: Presidentes da Audiencia Provinciais, dos Tribunais Superiores de Xustiza, do Tribunal Supremo e do Tribunal Constitucional, isto mesmo vale tamén para a Fiscalía). Se un atende a ratio de asuntos por narcotráfico (as estatísticas están á vista) o número deles non chega, eu máis ben diría está entre un 2 e un 5 por centos de todos os asuntos, polo cal non representan grande cousa. Outra cuestión é a da creación dun tribunal de excepción ou excepcional, prohibidos estes pola Constitución Española, aínda así existe un que se chama Audiencia Nacional. Por outra banda é unha falacia afirmar que se un xulgado destes o sirve un Maxistrado ou Maxistrada vai estar mellor servido e van permanecer máis tempo, pois elo non é así hai Xuíces que sen ser Maxistrados fan excentes labores no seu traballo e Maxistrados que non. Tamén afirmar que un Xuíz ascende a Maxistrado, despois de aprobadas as oposicións, máis ou menos ós dous anos e o máis normal que tendo posibilidades de ir a unha capital, fique en calquer Vila por moita Maxistratura que haxa, xa que la pela es la pela, polo tanto os hipotéticos Maxistrador moi pouco tempo ían quedar, agás que houbera unha situación económica de privilexio, cuestión esta que non sería para nada acorde cos Maxistrados que estiveran nas capitais. Se o sr. Cores Tourís e o PP queren creer nas utopías irrealizables alá eles, pero por favor un axuste a realidade ou unha longa fervedura facíalle falta.

Anónimo dijo...

Rectificación ampliatoria:
.... tendo posibilidades de ir a unha capital, non fique nunha Vila...

Anónimo dijo...

Si fose a plantar puerros que e o del friao mellos.

Anónimo dijo...

As razóns técnicas para estar en contra da creación dunha Maxistratura xa as explicou de abondo o 1º anónimo. Pero tamén hai unha razón política para opoñernos dende Cambados. A creación dunha Maxistratura na comarca conleva a unificación dos partidos xudiciais de Cambados e Vilagarcía, como se pedía na moción impulsada por Felipe Suárez (o que en Radio Arousa di "un narcotraficante cambadés", cando é de Cambados, pero "un narcotraficante arosano", cando é de Vilagarcía). O novo partido xudicial só pode ter unha capital. ¿Alguén dubida cal ía ser?

Anónimo dijo...

Do chocolate ó balneario...

Felipe, Neira e Vallejo teñen "complejo".