12 mayo 2007

Actos Vandálicos na campaña electoral

Dende aquí condenar calqueira acto de tipo vandálico contra calqueira partido político(ademais en campaña electoral creo que é delito). O cartel encontrase pasando a cafetería O Conxuro:

Tamén condenamos a mala puntería dos autores.

21 comentarios:

Anónimo dijo...

Parece a Fallera Mayor.

Anónimo dijo...

A min paréceme ben que lle tiren pintura, pero a él directamente.

Anónimo dijo...

En Pontevedra os carteis de Telmo Martín tamén tenhen esas manchas de pintura.

Anónimo dijo...

Este acto pareceme lamentable e penoso,a xente que o fixo debe ser un pouco bastante corta de mente,o que fixeron pode favorecerlle ao PP,a xente ao velo pode pensar que os que o fixeron son xente en contra do PP,esa xente pode acabar dandolle os votos a eles,espero que os grupos politicos durante a campaña denuncie este tipo de gamberradas.

Sr. X dijo...

anónimo dixo...o que fixeron pode favorecerlle ao PP,a xente ao velo pode pensar que os que o fixeron son xente en contra do PP,esa xente pode acabar dandolle os votos a eles,...

Entón os do PSOE, Bloque e PG, poden tirarse pintura nos seus carteis, para producir o mesmo efecto?¿?¿?¿?¿?, EU NON APROBO ESTE TIPO DE ACTOS, pero o mellor tamén demostran que a xente móvese e quere o cambio, para chegar ata eses límites xa hai que estar cansos, ¿Estou equivocado?

Sr. X dijo...

Fácedeme chegar o correo as 20 razóns para non votar ó Sr.Tourís. Para que sexan publicadas aquí.
Saú2 e ánimo.

Anónimo dijo...

VEXO QUE PARA ALGÚNS O QUE CHAMAN DEMOCRATIZALO CONCELLO E TIRAR PINTURA OU ALGO PEOR COMO "OU PENSAS COMA MIN OU NADA" TIPICO DAS ESQUERDAS MAIS RECALCITRANTES CANDO SE FAN ACOMPAÑAR DOS NACIONALISTAS MAIS INTOLERANTES.

Anónimo dijo...

o que di que esto pode favorecer ao pp, ten parte de razon, e eu non descartaria que foran incluso alguns das bases do pp quenes se automancharan o cartel para dar pena e que a xente os vote. Nunca se sabe ata donde pode chegar o pp con tal de gañar unhas eleccions

Anónimo dijo...

"Entón os do PSOE, Bloque e PG, poden tirarse pintura nos seus carteis, para producir o mesmo efecto?¿?¿?¿?¿?, EU NON APROBO ESTE TIPO DE ACTOS, pero o mellor tamén demostran que a xente móvese e quere o cambio, para chegar ata eses límites xa hai que estar cansos, ¿Estou equivocado? "

Dicir o que dis é xustificar as pintadas, por moito que digas en maiúsculas que non, o único que hai que facer é rexeitalo e punto, acabouse. Por certo, o das razóns recibíchelo o 2 de Maio no teu coreo. Saúdos

Anónimo dijo...

totalmente dacordo con condear estes actos vandalicos, estamos a discutir si foron eles mesmos, outros, ou quen foi... o masi probable e que foran 4 rapaces que ian pa casa o sabado a noite e se lles deu por facer iso. Non ten mais importancia, e unha trasnada e punto. Esta claro que non se debe facer, se queremolo cambio non hai que atacalos a eles, senon falar ca xente a que eles lle minten

O Fauno dijo...

Dígovos esto de corazón, porque vos escandalizades tanto por estas cousas. Dende o meu punto de vista non é máis que unha falta de respeto moi pequena en comparación do que eles nos levan feito nos últimos 20 anos, POR FAVOR!
Danos persoais 0, danos económicos 0... O único que queda son unhas manchiñas de pintura nun cartel que probablemente se cambiará en breve. Mentres a "kale borroka" sexa deste tipo creo que non hai porque escandalizarse, o carallo é cando se traspasan certos límites.

Sr. X dijo...

Dicir o que dis é xustificar as pintadas, por moito que digas en maiúsculas que non, o único que hai que facer é rexeitalo e punto, acabouse. Por certo, o das razóns recibíchelo o 2 de Maio no teu coreo. Saúdos

Non o entendo, eu simplemente vexo dende o meu punto de vista, con certo humor,e condeno totalmente calqueira acto vandálico. E o das 20 razóns xa che mandei un e-mail decindo por qué non puiden descargalas do mesmo. Saú2

Anónimo dijo...

101 razóns para seguir votando ó PP:

6 Museos
4 Paseos Máritimos
4 pistas polideportivas
2 pavillóns de deportes
4 colexios e 1 Instituto
3 campos de fútbol de herba
1 Piscina e 1 Ximnasio spa
2 pazos (Torrado e Ricoi)
2 casonas (Fraga e A Calzada)
1 conserveira (Peña)
1 centro de saúde (urxencias dos nenos)
4 parques infantís
3 pistas de tenis
1 auditorio a Xuventude
1 Conservatorio e 1 Escola de música
9 aulas de gardería (todas legais)
1 Polígono Industrial (50 empresas)
1 matadoiro novo
1 estación de autobuses
1 lonxa nova e 1 fábrica de xeo en Tragove
E 48 Vivendas Sociais. ETC.

Anónimo dijo...

Partindo da lóxica condena que merece calquer tipo de acto vandálico, sempre se poden dar argumentos a favor que poden ser incluso xustificables na conducta animal humana. ¿Quen pode afirmar que mañá non vai matar, se se dá unha situación anormal na defensa da túa familia ou túa?. Máis se daran argumentos na súa contra. Sempre partimos de premisas racionais ou normais cando enxuizamos calquer feito, que alguén se poña no pelexo dalgunha persoa que gañaría unha oposición pero que lla "birlan polo morro". Claro que de seguro ti e máis eu non fariamos nada, uns acoden aos tribunais, outros non farían nada e deixarían ir, e outros pasarían a acción e ao mellor ao culpable pegaríanlle catro hostias. Para uns estaría ben, para outros sería rexeitable isa conducta, pois xa se sabe que o do ollo por ollo xa debería de ficar atrás. Falo de oposicións como de calquer outra situación inxusta na que vés que descaradamente veñen a por ti, e ti sen comelo nin bebelo.
Xa sabemos que iste non é o caso, eu apunto tamén a unha trasnada, pero tamén quen pode afirmar que efectivamente non foi alguen da súa corda para dar a imaxe de víctima e de que as esquerdas son o demo en verso?, e iso así o afirma un "artista" que se desvive por situar este feito no seu "contexto histriónico" 15.21.00-13/05/07) e para iste vai o que facía a DINA (a policía política de Pinochet) pois despois de ser entrenados moitos dos seus compoñentes en Estados Unidos de América (sí ise pais da liberdade), chegaban a Chile e adicabanse a pór bombas, que despois por suposto, mediante maxistrais plans de propaganda (TV, radio, prensa pública e privada) lles atribuían aos movimentos contra de Pinochet.
Home non está ben, agora se fora un pouco máis artística a cousa: uns corniños, un bigote estilo Dalí ou un turbante estilo Osama Bin Landen, pois lle iría millor e nos reiriamos un pouco.

Sr. X dijo...

Oscar, para explicarche o meu punto de vista vouche poñer un exemplo que aínda que non é equiparable, podrá axudarche a entenderme.
Folga en Vigo do sector naval, medio centenar de contenedores queimados valorado en moitos euros,
claro que todo o mundo condena este tipo de actos, pero eu tamén póñome a pensar noutras cousas, como ¿Qué levou a eses traballadores a chegar ata ese límite, chegando a cometer eses actos despreciables? Pois ó mellor esa xente moveuse cegada pola desesperación, desesperación de ter un contrato basura, un salario precario, e a impotencia de ter que darlle de comer os seus fillos e non poder chegar a fin de mes.

Espero que agora entendas a miña postura, aínda que repito esto non é comparable.

Anónimo dijo...

Evidentemente non é comparábel.
Como sabes eu estou ata un sitio de que estes señores, se se lles pode chamar así, estean "gobernando", mais por moi enfadado que estea con eles, por moi inxusto que me pareza, non teño nin necesidade nin ganas de tira pintura a un cartel. Pódense facer moitas outras cousas positivas, escribir artigos críticos, participar de proxectos políticos, etc..en definitiva DAR A CARA.
E coincido con vós, este tema só vai beneficiar ao partido impopular, a vítima.
pD. Ao das 101 razóns creo que non é ncesario nin respostarlle, só con ver que empeza polos museus...

Anónimo dijo...

O dos cornos e o bigote pensámolo, pero era moi descarado e sobre todo moi custoso en canto a medios e ademais habería que entrar nunha finca privada.

Anónimo dijo...

Para ariel: e que tamen si en 20 anos non fan nada xa seria a hostia, pero por comentar alguns:

6 Museos ¿foches a algun?¿teñen utilidade?
4 Paseos Máritimos ¿eu so vexo un, no que as fontes nnca funcionaron
4 pistas polideportivas a que hai xunta o asorey tardaron en acabal 12 anos manda carallo
....
E 48 Vivendas Sociais ¿e cantas non sociais? porque no pombal sendo os terreos de TODOS terian que deixar un monte de vivendas socias e non deixaron nin 1 ¿porque? porque foi unha venda interesada so pa enxher os bolsillos. ETC.

Anónimo dijo...

101 edificios para coartar 101 dereitos e liberdades...a ver se agora o home vive de ladrillos?...unha peninha minha filla, unha peninha...

Anónimo dijo...

hay pintura para todos y de todos los colores,tiempo al tiempo

Anónimo dijo...

Lumeeeeeeeee, lumeee a todos.