12 mayo 2007

Indignante

Artigo cedido por Unha Grande Chea.

ROSA OUBIÑA, OUTRA VEZ COAS CADEIRAS AS VOLTAS.
Xa fai tempo que non facemos un comentario crítico o equipo de Goberno porque como deciamos para eso están xa outras páxinas do noso pobo, pero neste ocasión non podemos deixar de facelo xa que se trata dun tema cultural. Outra vez Rosa Oubiña volta a ser triste protagonista da actualidade cambadesa e outra vez volve a prexudicar descaradamente e adrede a Teatro Caracol, ¿en beneficio de quén?. Non sabemos. A historia contada a esta Asociación pola propia Olga, directora de Teatro Caracol é a seguinte: O concello de Cambados por medio da súa Concellalia de Cultura autorizara a utilización de cadeiras para poder ver a obra que están representando ata o día once de maio. Pero resulta que o sete de maio con “premeditación e alevosía”(non lle podemos engadir nocturnidade porque foi as tres da tarde) funcionarios do Concello, ordenados por Rosa Oubiña van retirar as cadeiras do Asorey, por razóns de traballo atopase ali Domínguez, quen en principio lle impide levar as mesmas ata que Olga non fale con Rosa Oubiña, na conversa Rosa Oubiña dille que lle fan falla para un acto cultural en Corbillón (e decimos nos e logo no sitio que estaban que era…para oir misa), a todo esto o Xefe de obras e servizos do Concello de Cambados, desmintea e din que non fan falla esas cadeiras en Corbillón. Olga oponse, pero inútilmente por empezan a quitar as cadeiras e amontonalas nun lugar no centro. Claro Teatro Caracol, urxentemente ponse man a obra para sustituir as cadeiras cousa que por certo conseguen enseguida. Pero , e aquí ven a mala fé, ven que pasan os días e os do Concello non voltan a polas cadeiras que amontanaran, Olga preguntalle a Rosa se non van ir a por elas e esta dille que xa non lle fan falta. Olga, obviamente , mosqueada ,e con razon, con “toda a educación” interrumpe a comunicación coa edil de Cultura.
Parecenos indignante, cabreante, flipante, unha burla , todo o que Vdes queiran , parece que o unico que se quere dende a Concellalia de Cultura é que se celebren actos que organicen eles (por certo, moi poucos o ningún), cando ven que alguen organiza algún acto cultural e ainda encima cun triunfo clamoroso como é o caso de Treatro Caracol a Rosa Oubiña non lle gusta nada , de nada, de nada. Esperemos que o vindeiro concellal ou concellala de Cultura non sexa tan “ineficaz” (por decir algo educado) como Rosa Oubiña.

Indignante, como sempre.

1 comentario:

Anónimo dijo...

E o que hay, e parece ser que vai haber catro anos mais.
¡Que xente temos! son todos masocas? ou que!
Despertade XA, coño, pensade ben a quen ides a votar pero a esta xente non!